Web Oficial do autor galego Modesto Fraga Moure
A RAG acolle a presentaciÃ³n dun inÃ©dito de Gonzalo LÃ³pez Abente
No acto, ao que acudiron unhas cincuenta persoas, fixeron uso da palabra o escritor XosÃ© H. Rivadulla CorcÃ³n, a profesora Olivia RodrÃ­guez, o editor Henrique Alvarellos e o responsable da ediciÃ³n, o poea ceense Miro Villar.
Manifesto das xentes da cultura da Costa da Morte en apoio do poeta Miro Villar
Os e as abaixo asinantes, na nosa calidade de escritores/as, investigadores/as e demais integrantes do amplo espectro cultural da Costa da Morte, queremos manifestar publicamente a nosa absoluta solidariedade e apoio para co profesor, escritor e poeta Miro Villar (Cee, 1965), autor dunha exitosa e prolixa obra de creación literaria en lingua galega.   Asemade, queremos manifestar a nosa sorpresa pola ausencia do referido escritor ceense no programa de actividades da XIII Feira do Libro de Cee celebrada a pasada semana, así como lamentar o silenciamento a que foi sometido por parte dos e das organizadores e organizadoras da devandita feira nun ano especialmente prolífico para a creación literaria do recoñecido poeta.   Finalmente, cremos que de se confirmar que este silenciamento é consecuencia da súa actitude crítica para cos poderes políticos locais, que tivo expresión na recente renuncia ao galardón Faro Nerio a pasada primavera, trataríase dunha intolerable acción impropia dun contexto democrático coma o actual.
Asinan o texto: Marilar Aleixandre (escritora), Miguel Vázquez Freire (escritor), Luis Lamela García (escritor e investigador), Xavier Vilhar Trilho (profesor e ensaísta), María Lado (poeta), Chisco Fernández Naval (escritor), Alexandre Nerium (poeta), Xelucho Abella (escritor), Julio Castro (director de Paradores), Xan Fernández Carrera (escritor), Xoán S. Pazos (poeta), David Creus (poeta e profesor), Germán Martínez Traba (actor), Vicky Rivadulla (técnico de cultura), Fernando Cabeza Quiles (escritor), Paco de Tano (poeta), Miguel Anxo Mato Fondo (escritor e profesor), Xaime Trillo (poeta), Tomás Lijó (actor), Rosalía Fernández Rial (poeta), Estevo Creus (poeta), Teresa García Domínguez (historiadora), X. H. Rivadulla Corcón (escritor e xornalista), Manuel Vilar Álvarez (historiador), Mónica Góñez (poeta e filóloga), Luís Pousa Meréns (xornalista) e Modesto Fraga (poeta).
"Estranxeiro na miña terra", de Miro Villar
[Na foto, Xosé Manuel Lobato, Miro Villar, Modesto Fraga e X. A. Montero]
Esta mañá o xornal La Voz de Galicia (ed. Carballo) publica un artigo de Miro Villar, titulado Estranxeiro na miña terra, unha dolorosa confesión do comprometido poeta ceense, autor dalgunhas das obras máis senlleiras da historia da literatura da Costa da Morte.
De todos é sabido o grande compromiso ético e moral de Miro Villar, a súa valentía e a súa intachable conducta, sempre exemplarizante. Por iso, non se entende o ninguneo que algúns mediocres de medio pelo, aspirantes a "grandes odiseas" de incerto futuro, levan a cabo nos últimos tempos para con unha persoa da grandeza literaria e humana de Miro Villar.
Desde esta humilde fiestra de liberdade, onde a palabra aspira a ser verdade e liberdade, todo o meu apoio para o meu "irmán" e camarada de tantas aventuras, grandes e cativas. A modo de sentida homenaxe, reproducimos aquí, por se alguén non tivo ocasión de o ler en papel, o artigo de Miro Villar.
ESTRANXEIRO NA MIÑA TERRA
"O Faro Nerio na verbena da "Operación Orquestra", de X. M. Lobato
Varias semanas despois de que o poeta ceense Miro Villar anunciase, para sorpresa dalgúns, a súa renuncia ao premio "Faro Nerio" que, con carácter anual, outorga a Asociación NERIA, continúan a chegar mostras de apoio á decisión do escritor de Ausencias pretéritas (1992) por parte de diversos intelectuais de recoñecido prestixio.
Se hai uns días algúns medios de comunicación recollían nas súas páxinas o total respaldo que desde amplos sectores culturais, académicos e intelectuais recibía a postura ética, coherente e comprometida de Miro Villar cos valores que, sen dúbida, deberan primar nunha sociedade moderna e avanzada, exenta de comportamentos cando menos sospeitosos no funcionamento das administracións públicas, agora é o escritor e profesor Xosé Manuel Lobato quen, nun revelador e luminoso artigo, afonda nalgunhas claves que, a bo seguro, farán reflexionar a máis de un. Absolutamente recomendábel. Noraboa ao autor.
ARTIGO DE XOSÉ MANUEL LOBATO
Carta aberta ao covarde anónimo
Acabo de quedar alucinado despois de recibir un correo electrónico,  que asina un tal Xosé Farto Cansado ( por suposto un "covarde anónimo"), responsabilizándome directamente de que Fisterra estea a día  de hoxe sen biblioteca municipal.
Home, que a estas alturas de  curso, despois de doce anos de desinterese e (des)culturización dos  gobernos do PP na nosa localidade se me pretenda culpar a min, que  apenas levo uns meses de candidato do BNG, desta situación paréceme,  cando menos, unha inxustiza e unha falta de honradez absolutamente  execrábel. Todas as persoas que me coñecen (que son, afortunadamente,  moitas) saben do meu total compromiso coa cultura do pobo en todas as  súas manifestacións. Sen ir máis lonxe, levo nada máis e nada menos ca  vinte anos de intensa actividade socio-cultural, tanto no que atinxe á  miña propia creación literaria coma no que respecta á promoción e  difusión daqueles/as que, ao longo da historia, contribuíron a  universalizar o nome de Fisterra. É o caso das numerosas homenaxes que  tiven ocasión de organizar (ou coorganizar con outras persoas) a figuras  senlleiras do noso patrimonio cultural como Casto Mª. Ínsua, Alejandro  Finisterre, Cipriano Fernández, o capitán Traba e tantos outros aos que,  directa ou indirectamente, abordei desde moi diversos ámbitos (artigos  en prensa, semblanzas, publicacións, etc).
Por conseguinte, confeso que  estou absolutamente indignado e perplexo despois de comprobar como, a  través do anonimato máis covarde, algúns aproveitan para atacarme con  inquinas do tipo: "Como é posible que vostede, sendo un referente dentro  da cultura da     nosa comarca e fóra dela, permita que un pobo como o  noso estea sen     biblioteca case un ano, qué pasa que os políticos  prefiren ter un     salón de sesións para as súas reunións antes que  unha biblioteca     onde os nenos e adultos poidamos disfrutar da  cultura".
O peor de todo isto non é xa que a un, na súa calidade de  candidato e, alomenos até o de agora, sen ningún tipo de  responsabilidade política, o culpabilicen da nefasta xestión dos  gobernantes que sumiron o noso municipio na máis absoluta miseria,  cultural, social e economicamente. Iso é algo que, no mellor dos casos,  até se agarda, sobre todo cando a falta de información está detrás dos  argumentos expostos. O peor, sen dúbida, son as formas e a maneira  rastrera empregada para descualificar a quen -e digo isto con total  humildade- se preocupou e se preocupa día a día polo desenvolvemento do  noso pobo. Chama poderosamente a atención que o "covarde anónimo" dirixa  a súa queixa á sede nacional do BNG no canto de se dirixir, como  cumpriría agardar dalguén que actuase de boa fe, ao propio candidato ou a  calquera compañeiro/a da asemblea local de Fisterra. Mais do que se  trata, a bo seguro, é de facer o maior dano posíbel e, nese senso, nada  mellor que atacar e buscar algún tipo de confrontación que, por desgraza  para o/a anónimo covarde, non vai ter o efecto agardado.
Evidentemente, a  falta dun espazo de cultura minimamente axeitado como é, desde logo,  unha biblioteca pública en condicións é algo que, desde o BNG,  atenderemos de maneira especial. Iso que ninguén o dubide. A cultura é  un dos piares fundamentais sobre os que vai xirar a acción política do  noso grupo, como non pode ser doutra maneira. Mais convén lembrar que  non foi o BNG quen decidíu pechar a biblioteca do concello nin o seu  actual candidato quen se desentenda da necesidade de reivindicala a  través dos cauces que sexan necesarios.A modo de remate, e coma queira  que o candidato do BNG de Fisterra non "está tan ocupado" (algo que,  segundo parece, preocupa ao tal Xosé Farto Cansado) vou tomar boa conta  da súa suxerencia e, na medida das nosas posibilidades, tentaremos levar  a cabo cantas accións sexan precisas para solucionar esta situación.
Porén, aproveito a ocasión para deixarlle aquí o noso enderezo de  contacto (bngfisterra@gmail.com) por se, chegado o caso, aparecen novas  necesidades que merezan a atención do grupo municipal do BNG e de todas e todos os fisterráns.
A sabedoría de Castelao
Existe un vello e sabio proverbio que afirma que todo está nos libros; algo no que, polo visto, apenas reparou a atrevida concursante galega de Gran Hermano 12, Marta López, a teor da súa "brillantísima e documentada" exposición acerca d@s galeg@s e da lingua do noso país.
Non é que nos sorprenda demasiado, a estas alturas de curso, a inmensa barbaridade de estupideces  e disparates que soltou pola súa boca esta ínclita paisana de nós. Ao contrario, as súas palabras non son mais que a simple constatación dunha situación real perceptíbel na nosa sociedade actual, toda ela chea de vellos prexuízos e complexos historicamente herdados.
Por iso, agora máis ca nunca, cómpre acudir aos clásicos do noso patrimonio cultural (Rosalía de Castro, Pondal, Cabanillas, Celso Emilio e, como non, Castelao) e reparar, con atención, nos seus discursos sempre claros e de rabiosa actualidade.
Por deferencia d@s compañeir@s de ProLingua, déixovos aquí esta "Cousa", de Castelao, para que vexades como estoutras cousas (as do idioma propio ) non mudaron nada, ou apenas case nada,  neste noso terruño galaico dos comezos do novo milenio.
A voltas cos prexuízos sobre o galego
Cando en 1863 Rosalía de Castro publicou os seus Cantares gallegos dificilmente podería imaxinar que cento cincuenta anos despois, en pleno século XXI, as cousas seguirían máis ou menos polos mesmos derroteiros. E é que se algo sobresae de xeito asombroso -e mesmo revelador- na poderosa obra rosaliana isto é, sen dúbida, o seu carácter profético, atemporal, o seu profundo lirismo tan cheo sempre de rabiosa actualidade.
Estes días asistimos atónitos, unha vez máis, a unha nova mostra da xenreira e do autoodio que, desde tempos inmemoriais, caracteriza a moitos supostos "galegos" cando, interrogados a respecto do seu principal sinal de identidade (a lingua propia do país), amosan un desleixo intolerábel e unha falta de sensibilidade alarmantes. Sucedeu, nesta ocasión, nun programa televisivo de grande audiencia (Gran Hermano 2011), cando unha semianalfabeta concursante coruñesa amosou todos os seus prexuízos sobre o idioma dos seus pais, dos seus avós, dos seus bisavós e de toda a nosa inxente tradición cultural.
Xa o dixo Rosalía de Castro nuns fermosos versos de Cantares gallegos (1863):
"o galego que non fala
na lingua da súa terra,
nin sabe o que ten de seu
nin é merecente dela".
<object class="youtube" type="application/x-shockwave-flash" style="width: 520px; height:428px;" data="http://www.youtube.com/v/O4iUzyVQTIM"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/O4iUzyVQTIM" /><param name="wmode" value="transparent" /><embed src="http://www.youtube.com/v/O4iUzyVQTIM" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="520" height="428"></embed></object></object>
O esplendor da epopea peninsular nos albores do século XIX (IV)
[Caspar D. Friedrich (1774-1840), pintor romántico alemán]
“L´Atlàntida”: na procura da patria interior.
Cando en 1877 Jacint Verdaguer recibe o debido recoñecemento co gallo do seu triunfo nos Jochs Florals de Barcelona cunha magna obra titulada L'Atlàntida, poucos podían imaxinar a verdadeira dimensión de tan relevante fito. O éxito, nesta ocasión, non era soamente o triunfo individual dun poeta senón o de toda unha literatura, o dun país enteiro ata ese intre orfo dunha grande e verdadeira epopea.
A súa aposta, firme e decidida, de edificar sobre os cimentos da poesía unha obra perdurábel e sólida no tempo, víase recompensada co aplauso unánime, non só dos seus coetáneos, senón de toda a literatura peninsular. Por vez primeira, despois do secular silencio a que fora sometido o idioma no longo período da Decadencia, a lingua catalana competía coas demais expresións lingüísticas do mundo en igualdade de condicións. A forza, a constancia e, sobre todo, a habelencia versificadora do ilustre fillo de Folgueroles non deixaban lugar a dúbidas:
“Veus eixa mar que abraça de pol a pol la terra?
En altre temps d’alegres Hespèrides fou hort;
encara el Teide gita bocins de sa desferra,
tot braolant, com monstre que vetlla un camp de mort.
Aquí els titans lluitaven, allà ciutats florien,
pertot càntics de verges i música d’ocells;
ara en palaus de marbre les foques s’hi congrien
i d’algues se vesteixen les prades dels anyells.
Aquí estengué sos marges lo continent hesperi;
quins mars o terres foren ses fites, ningú ho sap;
lo sol, però, que mida d’un colp d’ull l’hemisferi
era petit per veure’l a pler de cap a cap”.
Cant primer. L´incendi dels Pirineus
Como vemos, Verdaguer idea primeiro e debuxa, logo, con oficio de ourive, un mundo irreal, fantástico pero, á vez, moi presente no noso imaxinario colectivo. A escusa mitolóxico-literaria do afundimento da Atlántida sérvelle ao noso autor para reivindicar, grosso modo, a través da metáfora, a situación de asolagamento que vive o idioma materno e a necesidade de recuperalo o antes posible. Ao mesmo tempo, notamos na lectura, demorada e atenta –talvez pola sonoridade rítmica coa que nos agasalla o autor a través dos seus perfectos alexandrinos- o vaivén das ondas do outrora poderoso Continente asolagado, como se despois de observamos ese ronsel melodioso das augas estiveramos percibindo un futuro esperanzador, xaora predestinado polo poeta. Fixémonos, se non, nas seguintes estancias:
“Al desfer-se a madeixes de gebre lo litarge,
a flocs de groga escuma s’hi barrejà l’or fi;
i davallen, per l’iris guiats, de marge en marge,
com nins a fer joguines pel català jardí.
Així, al traure florida lo romaní i la malva,
per la quintana es vessa d’un buc rosada mel;
rient al deixondar-se lo sol darrera l’alba,
així emmantella rossa sa cabellera el cel”.
É evidente que o último verso da primeira estrofa semella querer ofrecernos unha estampa nítida do posicionamento ideolóxico do noso autor no que concierne á súa idea e sentimento patriótico, tan presente, por outra banda, en obras posteriores como Canigó (1885). Lembremos que nese volume o profundo amor pola terra que o viu nacer motivou que optase por indagar nas orixes de Catalunya até o extremo de recoller boa parte da súa historia e das diversas lendas da época da Reconquista pirenaica.
Mais volvendo ao poema que nos ocupa, a referencia explícita que Verdaguer realiza ao “català jardí” non é, nin moito menos, gratuíta. Antes ben o contrario. O valor semántico que o xardín [jardí]  posúe como lugar ideal, na posición final do cuarteto que agora analizamos, cobra maior énfase ao estar acompañado dos [nins] nenos (ou sexa, o futuro) e reforzado cun verbo tan dinámico e, en parte, “inocente” como xogar [fer joguines]. Ademais, se reparamos con atención no segundo hemistiquio do terceiro verso da primeira estrofa, vemos como a acción sucede [de marge en marge], ou o que é o mesmo, dun lugar a outro, sen lugar á pasividade, á situación de inmobilismo na que, até entón, estaba sumida a lingua catalana.
Con todo, hai tamén neste impresionante poema épico unha atención preferente ao mundo mitolóxico, á contraposición das tradicións de orixe pagá coa civilización moderna, contemporánea. Tal é así que, xa desde a introdución, o poeta comeza narrándonos a batalla entre dúas naves en alta mar (unha xenovesa e a outra veneciana) co resultado final do naufraxio de ambas e a posterior morte de todos os contendentes agás un, que resulta ser Cristóbal Colón, a quen Verdaguer –acaso por concederlle certa verosimilitude ao seu relato- decide converter en personaxe da súa epopea.
A maxia da poesía nas terras de Miranda
Celebramos este ano o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911- Vigo, 1981), un dos máis grandes escritores da literatura galega de todos os tempos. Será, sen dúbida, un ano intenso de actividades e semblanzas relacionadas coa vida e obra deste polémico creador. E é que o controvertido autor mindoniense, pai literario do mítico "Merlín" das terras de Miranda e do "Sinbad" dos mares do mundo que todos somos e levamos na memoria, recreou mellor ca ninguén os trasuntos da duplicidade vital e creativa: por unha banda, na súa obra conviven a fantasía e o universo da maxia ficcional que só desde a palabra pode ser concibida como algo propio da nosa percepción da realidade e, por outra, o seu periplo vital, non sempre ben entendido, que o levou a ser considerado un autor pouco comprometido coa sociedade do seu tempo malia se tratar dunha das voces máis sobranceiras da nosa tradición literaria.
Mais non é este o lugar nin o momento oportuno de abordar a figura cunqueiriana desde unha perspectiva analítica que, en todo caso, será debidamente tratada ao longo de todo este ano. O motivo último de convocar a Cunqueiro nestas liñas non é outro que reforzar a necesidade de volver á súa obra, sempre que os avatares da vida nolo permitan, para descubrir a rabiosa actualidade das súas historias e constatar que realidade e ficción están moito máis emparentadas do que erroneamente adoitamos pensar.
De todo isto e moito máis tivemos ocasión de falar hai unhas semanas en Mondoñedo un grupo de escritores/as e músicos do país. Convidados/as por Chus Amieiro, propietaria dun fermoso e moi recomendábel establecemento rural, "A Casa de Mañas", alá fomos Rosa Méndez, Xosé Leira, Rosa Martínez, Fran López, Tonhito de Poi e un servidor. A velada foi marabillosa, extraordinaria, tan inzada de maxia e fantasía que só nos mellores relatos do fillo do boticario poderiamos atopar semellanza comparábel. Tal é así que durante as máis de cinco horas que durou o delirio creativo foron aparecendo, de entre a néboa, toda sorte de trasnos, meigas, fados, a luminosa doña Ginebra co seu pelo loiro e a súa pel tan branca, o leal Felipe de Amancia, o propio Merlín e todo o máxico mundo da selva de Esmelle, nas terras de Miranda.
A liberdade, a palabra e a música fundíanse así, desde xa e para sempre, coa maxia e a ficción, co imaxinario todo. Coa proximidade do día e con Tonhito de Poi absorto na éxtase da súa poética musical evocando aqueles tempos gloriosos dos "Herdeiros da Crús", o fume da lareira do mago Merlín mesturábase co fume do tabaco dos asistentes a pesar da real ameaza que supuña a nova Lei Pajín.
Mais a arte non sabe de decretos humanos nin de prohibicións e os versos, cando se transforman en misterioso feitizo, combaten a rutina, os desencantos, as desilusións da vida.
O esplendor da epopea peninsular nos albores do século XIX. (3)
Non hai dúbida de que os dous movementos culturais de maior calado na península durante grande parte do século XIX coinciden na inmensa maioría dos seus postulados e reivindicacións, independentemente de que cada un, á súa maneira, actuase en función de situacións e contextos ben diferenciados. Proba das numerosas similitudes entre ámbalas correntes témola no feito de reivindicaren, cada unha delas, os seus respectivos idiomas como lingua literaria e de prestixio, amais de traballararen na necesidade de profundar no coñecemento cultural herdado e no dereito a proclamar a liberdade dos diferentes pobos ou nacionalidades históricas.
A poesía como xénero predominante
Falabamos en entregas anteriores da importancia que tivo para as letras catalanas a aparición, en 1833, da “Oda a la Pàtria” de Bonaventura Carles Aribau. O poema, considerado pola crítica como unha homenaxe a Catalunya, cuxa lingua; o catalán, se convertía desde ese momento en símbolo nacional, significou un antes e un despois na concepción da arte en relación cos principais referentes identitarios. Non cabe dúbida de que o alento renovador dos movementos románticos chegados de países europeos avanzados como Francia ou Alemaña tiveron a súa significación e influíron, con certeza, na sensibilidade do noso poeta. Mais, con todo, debemos significar que non será este autor quen, desde a palabra máis elevada e poderosa, acabe situando a lingua catalana nun lugar preferente, literariamente falando. Se botamos man de calquera historia da literatura catalana ou, simplemente, recorrendo aos máis prestixiosos manuais especializados atoparémonos cun nome de extraordinario relevo; o de Jacint Verdaguer, a figura literaria máis senlleira, o “Mesías”, como foi coñecido metaforicamente, do esplendoroso século XIX catalán.
Dito isto, chama poderosamente a atención, en primeiro lugar, a condición de poeta do noso autor, máxime se temos en conta que nesa altura (fins do século XIX) a meirande parte dos máis prestixiosos productores literarios do vello Continente cultivaban xéneros cada vez máis próximos á narrativa. Mais esta circunstancia, malia que poida parecernos significativa a teor do cada vez menor prestixio de que gozaban os versificadores, non fai senón revalorizar o conxunto da obra de Verdaguer, noentanto a súa producción poética logrou superar as dinámicas estéticas dominantes para constituír un sólido edificio literario, aínda hoxe dificilmente superable.
Por outra banda, e a modo de aviso para navegantes, tampouco podemos desbotar a idea de que talvez o propio Verdaguer, consciente de que o xénero épico non contaba xa co recoñecemento de que gozara en épocas pasadas (fundamentalmente na Idade Media e no Renacemento), tentase afianzalo a través dunha obra de colosal envergadura e así, de paso, poder elevar a lingua catalana a uns niveis nunca antes acadados.