"Consumouse a agresión", Comunicado de Prolingua.

publicado o 20 Maio de 2010 ás 21:51 por Modesto Fraga.

[ Imprimir :: Enviar a un amigo ]

 

bannerprolinguanovo_400

 

Dous días despois de o presidente Feijóo ofrecer á sociedade galega un pacto tramposo consistente en respectarmos o artigo 5 do Estatuto de Autonomía, coma xa ProLingua denunciou nun anterior comunicado; dous días despois da masiva e ilusionada manifestación en defensa da lingua que tivo lugar en Compostela; dous días despois de o goberno amosar a súa agresividade por boca do vicepresidente Alfonso Rueda («los manifestantes salen a la calle para clamar por una dictadura que se basaba en que los políticos decidiesen en que lengua se tenían que expresar los ciudadanos»); dous días despois de todo isto, consúmase a agresión teimosamente preparada contra a lingua galega.

O presidente Núñez Feijóo vén de anunciar, en rolda de prensa posterior ao consello da Xunta celebrado hoxe, a aprobación do Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario. A agresión anunciada desde hai meses, trasládase definitivamente ao DOG. De nada valeron as rigorosas análises da Real Academia Galega ou do Consello da Cultura Galega. De nada valeu o rexeitamento do Consello Escolar de Galicia ou da Mesa do Consello Sectorial dos sindicatos do ensino. De nada valeron as múltiples declaracións das máis diversas organizacións da sociedade galega. De nada valeron as clamorosas manifestacións da cidadanía.ga no ámbito educativo.

Máis información aquí.


:

:
:

« Anterior Post
Seguinte Post »