[Foto: Xesús Búa]
O pasado venres, 14 de maio, un grupo de poetas da Costa da Morte, entre os que se atopaban Rafa Villar, Rosalía Fernández Rial, Suso Bahamonde (acompañado á guitarra polo seu irmán Gonzalo) e quen escribe, asistimos ás xornadas organizadas por Galiza Nova de Cee co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.
Este feito non tería nada de particular se non fose pola impecable calidade do evento, tanto no que atinxe á diversidade cultural (poesía, música, confraternidade e camaradaxe) como ao estritamente organizativo.
Así as cousas, os que dalgunha maneira levamos xa uns cantos anos participando activamente en actos culturais deste tipo sabemos das enormes dificultades que conleva artellar un programa coherente, atractivo e á vez lúdico nuns tempos -os nosos- cada vez menos favorables á colaboración grupal e ao traballo en equipo. Foi, nese senso, un encontro formidable, un verdadeiro exemplo a seguir por todas e todos os que aínda aspiramos a vivir nunha sociedade unida, cohesionada e afastada dos modelos inmobilistas, apáticos, da sociedade capitalista dos nosos días.

Houbo, en fin, de todo neste magnífico encontro de Galiza Nova de Cee, desde un memorable espectáculo de pandereiteiras, pasando por un sorprendente concerto de música rock e, entre medias, polos versos máis combativos e comprometidos dos poetas da nosa bisbarra.
Así que parabéns aos organizadores do acto (Carolina, Silvia, Marquiños e todos/as os/as demais compañeiros/as de GN de Cee) polo seu impecable e entusiasta traballo, así como o meu máis sincero agradecemento aos asistentes por acompañarnos nunha velada tan marabillosa coma necesaria.