Windows7 xa fala galego

publicado o 29 Abril de 2010 ás 20:59 por Alejandro Conde.

[ Imprimir :: Enviar a un amigo ]

Hola a todos, Son Alejandro, o webmaster deste blogue (últimamente  bastante abandoado (por certo)... Sorry Modes) , aínda que non acostumo a escribir neste blogue sen permiso do meu colega, creo que é de recibo salientarvos esta boa nova para todos nos, e qué mellor páxina que a do meu compatriota galeguista... 

Moitos seredes os ¿afortunados? de ter adquirido recentemente un novo computador co novo xoguetiño de Microsoft: o Windows 7.

Pois ben, ainda que non me gusta avogar polos monopolios (quen me ia dicir a min que sairía en defensa de Microsoft), xa temos dispoñible para descargar o LIP (Language Interface Pack) en Galego do Windows 7. ¿Que quere decir esto? que xa podemos ter o noso Windows 7 completamente en galego (Ollo virollo !! só o Windows7, NON os programas que teñamos instalados -Messenger, Torrent, eMule e piraterías varias...-)

Para podelo descargar, deberedes primeiro saber se o sistema operativo é 32bits (x86) ou 64bits (x64) (pulsade co botón DEREITO do rato en "Mi PC" e dádelle a "Propiedades". Máis ou menos no medio da pantalla pon: "Tipo de Sistema: Sistema operativo de XX bits")

Unha vez coñecido, descargade o LIP correspondiente da páxina:

http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?displaylang=gl&FamilyID=a1a48de1-e264-48d6-8439-ab7139c9c14d (case abaixo de todo)

Instaládeo e configurade o idioma desde o "Panel de control", reiniciade e...

¡¡ Xa tedes o Windows 7 en Galego !!!

 

Se non sodes deses que compraron un ordenador recientemente, ou tedes instalado Windows Vista (Madre de deus!!) ou WindowsXP con ou sen as Office, déixovos uns enlaces para poder traducir os vosos sistemas operativos á lingua de Castelao.

Esta web non se responsabiliza dos problemas que poda ter o sistema operativo despois da súa actualización, perda de datos ou calquera outra incidencia, ainda que non debería pasar ABSOLUTAMENTE nada. Os enlaces son oficiais e garantidos por Microsoft, (Eu xa o teño instalado, e hasta agora funciona á perfeción...)

Como me pon ahora o Windows ó inicialo:

Benvido(a). 

Outros enlaces de interese son os seguintes:

Office 2007 en galego:

http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?familyid=91426C33-EA45-482D-AF08-CD8EA8CBFD53&displaylang=gl

 

Office 2003 en galego

http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?displaylang=gl&FamilyID=ccf199bc-c987-48f5-9707-dc6c7d0e35d0 

 

Windows Vista en galego (require ter un Windows Vista Orixinal ou validado -non valen copias piratas-):

http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?displaylang=gl&FamilyID=0e21eb7b-e01a-4fcc-b7f1-30e419da7f5b

 

Windows XP en galego (require ter un Windows XP Orixinal ou validado -non valen copias piratas-):

http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?displaylang=gl&FamilyID=0db2e8f9-79c4-4625-a07a-0cc1b341be7c

 

Firefox en galego:

https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/5876 


Hai 1 Comentario sobre este texto:

  1. Modesto Fraga di:

    Moitas grazas pola información, irmán. A ver se quedamos un día para que me instales todo iso, xa sabes que un servidor de informática e demais proghramadas internáticas, nada de nada. Unha fonda aperta, fenómeno.

:

:
:

« Anterior Post
Seguinte Post »