Gelman, escritor galego universal

publicado o 20 Abril de 2010 ás 15:10 por Modesto Fraga.

[ Imprimir :: Enviar a un amigo ]

juan_gelman._foto._cabalar.efe

                                                                        [Foto: Cabalar/Efe]

O escritor arxentino Juan Gelman, unha das figuras máis sobranceiras da literatura universal, estará hoxe, a partires das 19.30 horas, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela. O motivo da súa visita á capital galega será para pronunciar unha conferencia titulada "Un árbol sin hojas que da sombra", enmarcada nos actos de entrega do Premio "Escritor Galego Universal 2010", co que AELG distingue aquelas/es autoras/es que "combinan a excelencia literaria co compromiso ético e que os converte en referentes para o seu pobo na defensa da dignidade nacional e humana".

No transcurso da sesión, o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, faralle entrega ao poeta arxentino do galardón concedido polos autores galegos, unha distinción coa que xa foron recoñecidos creadores/as como Mahmoud Darwisch (2006), Pepetela (2007), Nancy Morejón (2008) ou Elena Poniatowska.

Máis información aquí.

Poema de Juan Gelman

XVI

"No debiera arrancarse a la gente de su tierra o país, no a la fuerza.

La gente queda dolorida, la tierra queda dolorida.

Nacemos y nos cortan el cordón umbilical. Nos destierran y

nadie nos corta la memoria, la lengua, las calores. Tenemos que

aprender a vivir como el clavel del aire, propiamente del aire.

Soy una planta monstruosa. Mis raíces están a miles de

kilómetros de mí y no nos ata un tallo, nos separan dos mares

y un océano. El sol me mira cuando ellas respiran en la noche,

duelen de noche bajo el sol".

(De Bajo la lluvia ajena)


Hai 1 Comentario sobre este texto:

  1. manuel L rodrigues di:

    Tremendo Gelman. Meses atrás adiqueille unha entrada no blog. Destructor da linguaxe non? Así é como lle chaman. ...a min impresionoume demasiado.

:

:
:

« Anterior Post
Seguinte Post »