
[FOTO: santi alvite. El Correo]
Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, que este ano vai honrar a figura do poeta Uxío Novoneyra (Parada de Moreda, Courel, 1930- Santiago de Compostela, 1999), a USC acaba de publicar unha edición facsímile do poemario Os Eidos, libro que o desaparecido autor lugués compuxo entre 1952 e 1954.
O volume, coordinado polo profesor Anxo Tarrío, leva por título Uxío Novoneyra, Día das Letras Galegas 2010, e recolle o máis esencial e significativo do que, co paso dos anos, chegaría a converterse no ciclo poético que o propio poeta comezaría a pechar coa edición de Os eidos. Libro do Courel, onde reúne os poemas d'Os eidos (1955) e d'Os eidos-2 (1974).
Toda unha xoia para os amantes da obra poética dun dos nosos meirandes escritores da literatura galega de todos os tempos.



