
[Foto: Paco Rodríguez]
"O Hostal popularizouse porque abrimos as súas portas á cidade"
O fisterrán Julio César Castro Marcote, "Chichí" para os amigos e coñecidos, vén de ser estrevistado polo xornalista de La Voz de Galicia Xosé M. Cambeiro, na edición que o principal diario de Galicia ten en Santiago Compostela.
Unha vez máis, este ilustre fisterrán nado en Sardiñeiro e pertencente a unha das sagas de maior cerne no mundo da restauración da Costa da Morte (os propietarios da centenaria "Casa Lestón"), volve deixar testemuño da súa grandeza persoal e da súa constatada capacidade profesional como director dun dos Paradores máis prestixiosos de España, o Hostal dos Reis Católicos.
Dado o interese da reportaxe publicada hoxe nas páxinas de La Voz (edición de Compostela), rescato para vós, amigos e amigas lestores deste espazo cibernético, as palabras de Julio Castro co desexo de que sexan do agrado de todos e todas os que nos sentimos orgullosos de compartir patria común con persoas da calide humana e profesional deste fillo da Costa da Morte.



