Recital "Poetas da Costa da Morte" en Muxía

publicado o 16 Decembro de 2009 ás 15:49 por Modesto Fraga.

[ Imprimir :: Enviar a un amigo ]

poetas_da_costa_da_morte_400

Este vindeiro sábado, 19 de decembro, un grupo de poetas da Costa da Morte estaremos en Muxía para participar nun acto literario que servirá de escusa perfecta para reencontrármonos e desfrutar dunha memorable xornada de camaradaxe e viños a esgalla.

O acto poético dará comezo ás 18.30 horas no Salón do Voluntariado e terá continuidade cun concerto musical a cargo de "Os Cuchufellos". Participarán na sesión literaria os "Feros Corvos" da Costa da Morte Marilar Aleixandre, Miguel Mato, Miguel Vázquez Freire, Miro Villar, Modesto Fraga, Alexandre Nerium, Paco Souto, Rivadulla Corcón, Suso Bahamonde, Xaime Trillo, Paco de Tano, María Lado e Rosalía Fernández Rial.

Así que xa sabedes. Estades todos e todas convidadísimos/as. Agardamos por vós, por ti, amigo e amiga da poesía.


Hai 3 Comentarios sobre este texto:

  1. O Mouro di:

    Coidadiño cos "viños a esgalla"...

  2. Trebom di:

    Tamén te pasas a competencia, traidor, jeje... unha aperta

  3. FroYFzpmxmBDM di:

    jpzcx9 <a href="http://ecwwyzflleaa.com/">ecwwyzflleaa</a>, [url=http://xdjbydxrypyq.com/]xdjbydxrypyq[/url], [link=http://rcgipwircugz.com/]rcgipwircugz[/link], http://qcaihahtmrpp.com/

:

:
:

« Anterior Post
Seguinte Post »