Exilio e literatura (2)

publicado o 15 Decembro de 2009 ás 10:55 por Modesto Fraga.

[ Imprimir :: Enviar a un amigo ]

guernika_de_picasso_400_01

[Guernika, 1937. Picasso]  

Coa derrota dos partidarios da razón republicana na guerra civil española, prodúcese unha nova visión do exilio desde unha óptica se callar máis abrupta, desgarradora: o desterro. Nomes coma os de Juan Ramón Jiménez, Antonio Machado, Rafael Alberti, Jorge Guillén, Luís Cernuda ou León Felipe son abondo representativos para dármonos conta da sangría, intelectual e humana, que a barbarie do conflito bélico causou nalgúns dos nosos máis excelsos creadores. Unhas veces México, outras Bós Aires, en ocasións París ou o tristísimo Collioure, a quen Machado tributa os seus derradeiros versos: "Estos días azules y este sol de la infancia", son a única esperanza, o derradeiro e incerto destino para comezar unha vida que se apaga, implacábel, cos últimos suspiros da existencia.

Mais a condición de exiliado, de emigrado, de apátrida, de desterrado non é característica dun país, nin dun tempo, nin moito menos dunha situación concreta analizada desde supostos teóricos de corte diacrónico. Antes ben o contrario: transcende situacións, descoñece países, ignora linguas. A magnífica novela El ministerio del dolor de D. Ugrešić, ambientada no recente conflito da ex-yugoslavia, trae ao noso recordo algunhas cuestións que, en boa medida, nos son sumamente coñecidas pola proximidade temporal coa barbarie que asolou España entre 1936 e 1939. A historia que encarna a protagonista principal, Tanja, unha profesora de servo-kroatish exiliada en Amsterdam, non é moi diferente da que podemos percibir en calquera dos autores antes mencionados. Con todo, convén non perder de vista un aspecto certamente importante: cada individuo, cada ser humano, é portador do seu propio exilio, da súa cruz, da súa particular análise para coa sombra que nos ocupa. E velaí que a novela de Ugrešić, como tivemos ocasión de ver, afonda en cuestións tan profundas como o conflito do idioma, a oleada migratoria, o confronto coa literatura dun país (o seu) que xa non existe; a barbarie do "virus nacionalista" que, dalgún xeito, a persegue; a necesidade da reconciliación co pasado para afrontar o futuro sen traumas; o retorno. Porén, o importante non radica tanto na prolixa diversidade que o tema en si nos ofrece (que é moita e ben suxestiva) senón na visión, particular e propia, de cada individuo. O exilio vivencial no que vive inmersa a protagonista da novela ten poucas similitudes co exilio rebelde e introvertido de Urǒs quen, debido á vergonza de ver a seu pai sendo xulgado por un Tribunal Penal Internacional, decide suicidarse. Algo semellante acontece co personaxe de Sara no vertixinoso filme de Jasmila Sbanic, El secreto de Esma. Nesta ocasión, o exilio non transcorre nun país estranxeiro, como viamos na obra de  Ugrešić, senón que se desenvolve dentro do propio país. Isto non impide, con todo, que esteamos de novo ante a representación dun motivo que nos é familiar, que coñecemos sobremaneira. A cruel violación que sofre Esma por parte duns guerrilleiros provoca o nacemento da súa filla Sara quen, ignorante da realidade da súa propia existencia, aspira a converterse nun "shahid", nun mártir de guerra como -erradamente pensaba- debía ser seu pai. Emporiso, todas e cada unha destas situacións comparten unhas características semellantes, análogas, pero acaban transitando por sendeiros diferentes debido a numerosos aspectos que non é do caso tratar agora aquí.


Hai 2 Comentarios sobre este texto:

  1. hNqfKAjj di:

    lktv6v <a href="http://wacxjhheaxnr.com/">wacxjhheaxnr</a>, [url=http://zwmxplfkbagh.com/]zwmxplfkbagh[/url], [link=http://trpdvgigbmzv.com/]trpdvgigbmzv[/link], http://hxgrexxnrwtj.com/

  2. Paloma di:

    Hola Modesto, voy a colgar un enlace con una interpretación que ha hecho la Universidad de Georgia sobre el Picasso, que está genial. Espero que os guste. Besos desde Madrid
    http://www.lena-gieseke.com...

:

:
:

« Anterior Post
Seguinte Post »