-Ela non me quería e mateina.
CASTELAO
A recente confesión por parte do principal sospeitoso do asasinato da moza andaluza Marta del Castillo non fai senón confirmar a crecente ola de violencia que sofre a sociedade actual. Parece mentira que nos tempos que corren os seres humanos aínda non sexamos capaces de convivir en harmonía, de respectármonos mutuamente, de vivir en tolerancia, afastados de calquera atentado contra a liberdade individual. Unha vez máis, a barbarie, o machismo e o crime asoman ás nosas vidas cortándonos, decote, o alento, a esperanza nun mundo máis humanizado, máis xusto. Por desgraza, unha nova vida inocente deixa de respirar e, con ela, o noso sistema de valores enfraquece de xeito acelerado. Lamentablemente, tamén nesta ocasión, as palabras de Castelao (sempre contidas e cheas de profundidade) emerxen poderosas e constatan a realidade: o mal da sociedade civilizada é a propia civilización. Ou dito con outras palabras: en ocasións o sentido común é o menos común dos sentidos.




18/02/09 as 01:01
O que non concibo é que a estas alturas aparezan actitudes machistas entre rapaces novos, con esas ideas de posesión do outro como parte da relación de parella. Algo debemos de estar facendo mal.
P.D: por certo, fermoso blog ;)
18/02/09 as 02:32
Grazas polas túas palabras tan xenerosas, Raíña Vermella.
Con respecto á reflexión que fas encol das actitudes machistas da mocidade, a verdade é que vivimos nun momento certamente alarmante, con demasiada violencia gratuita, sobre todo contra a muller. Algúns impresentables (moitos, lamentablemente) aínda se cren co dereito de posuír ás persoas coma se fosen meros obxectos, propiedade divina ou algo semellante. É unha verdadeira pena a falta de valores na que vive a nosa sociedade. Coincido contigo en que algo falla. Non é normal tanta barbarie (e menos nunha situación democrática, supostamente igualitaria, "tolerante"...), tanta carencia de sentimentos nobres, honestos, respectuosos. En fin, no canto de avanzar dá a impresión de que imos para atrás...
18/02/09 as 03:38
E que cinismo do rapaz, días atrás, ante as camaras da televisión, dicindo que non sabía nada... que asco...
18/02/09 as 07:42
Polo menos algo bó haberá na humanidade, coma veñen a demostrar os centos de persoas que saen á rúa a protestar, e os labores que realizan as forzas de seguridade. Non é xusto que se descalifique a todo o xénero humano ou a toda a sociedade ocidental por atos coma esta recente atrocidade. Crimes houbo sempre, e posiblemente siga a ser así no futuro. O importante e que fique algo de bondade nos corazóns da xente, e que se garden os valores de solidaridade, honor, paz, honestidade e amor.
Un saudo
19/02/09 as 11:57
Modificalo codigo penal pode ser a solucion o, mellor dito axudar a que disminuian estes terribles asesinatos,quizais a cadena perpetua repercuta na mente destes "sin nombres " que descoñecen os principais fundamentos da vida, o non os queren entender.saudiños para todos.