
O poeta noiés Manuel Lôpez Rodrigues, autor do poemario Antítese nativa, permítenos que presentemos hoxe aquí a súa obra; un poemario inzado de emocións, de compromiso, de alento vital. O poeta, fiel á súa exquisita sensibilidade, bríndanos aos seus lectores o privilexio de gozar da boa poesía, de alimentar o espírito, de reafirmármonos na vontade de reiterpretar o mundo, de sentírmonos máis libres, máis humanos.
Por motivos de imposibilidade tecnolóxica (lamentablemente aínda non dispomos das ferramentas necesarias para ver e, xa que logo, escoitar a Manuel a través da pantalla do ordenador) non podemos contar coa súa presenza física neste acto de presentación. Con todo, estamos convencidos de que os seus versos serán máis que de abondo para podermos desfrutar do poder da palabra, da verdadeira poesía, da que ilumina. Aquí non precisamos de greladas, de "Don Celidonios", nin de individuos que infravaloran e desprezan a identidade cultural do país. Aquí habita a palabra, a poesía, a literatura (con maiúsculas). Grazas, poeta.
"Baixara os escombros
turbamulta escoando o silencio
aparente tremor e fugaz martirio
lugar amado
(sedimento).
Agora que aponteo incesante
vento que bates
a imagem divina daquela que chega a terra
e aterra neste porto
de vougo que é Siza.
achar morte na circunstancia
capitam varado
que apodrece deitado na praia
que aponteo"
Manuel Lôpez Rodrigues
(Do libro "37 poemas por man propia")




07/02/09 as 10:00
Hhahahaha
ex-presentación, como xa puideches ver, eh, Modesto?
Xa o falamos todo o outro día en Compos... é que hai moita xente no noso sistema literario que non é seria. Tarda moitísimo o día que lles den patadón e para fóra. Nisto é no que se gastan as subvencións de 'cultura'. Nisto, e na Cidade da Cultura. Así lle vai ao país e á súa ídem...
Confiemos nunha presentación futura, con recital, a cargo do escritor, iso sí.
07/02/09 as 08:27
"achar morte na circunstancia
capitam varado
que apodrece deitado na praia".
Gústanme especialmente esas verbas.
Ten moi boa pinta ese traballo. A ver se me fago co poemario e lle boto unha ollada con tranquilidaded.
Saudos dende Compostela e noraboa ao poeta.
09/02/09 as 12:11
Noraboa e parabéns para este autor noiés, e boa sorte na súa andaina literaria. Un saúdo
11/02/09 as 08:16
Muito obrigado Modesto, mais unha vez. Xa estiven a falar co Fra sobre o tema e vexo que non fun o único (ti xa me entendes). Enfin... como ben dixen no meu blog, coido, que esta foi a mellor presentación que até agora o libro tivo.
Unha aperta.
13/02/09 as 07:56
Vaia, sr. Fraga... pasouse vostede ao lusismo.... haberá que comunicalo por aí... como cambian as cousas, miña nai!!!!!!
14/02/09 as 05:29
Non sei de onde saca vostede que me pasei ao lusismo, sr/a "correntes". En todo caso, a dicir verdade, tampouco tería ningún inconveniente en facelo, máxime cando a estrutura lingüística de ámbolos códigos é semellante (ou, se me apura, a mesma). Ande, anímese, xa que logo, e comuníqueo aos catro ventos.