Fagamos memoria

publicado o 27 Maio de 2008 ás 12:03 por Modesto Fraga.

[ Imprimir :: Enviar a un amigo ]

asasinato_en_palestina_01

Hai uns días cumpríronse cinco anos do cruel asasinato, a mans do exército israelí, da estudante e cooperante internacional, Rachel Corrie (1979-2003). Como recordaredes, este macabro crime cometido pola barbarie fascista en territorio palestino volveu demostrar que os sionistas, coa complicidade silenciosa do Tío Sam, continúan na súa teima de avasallar (e mesmo de levar por diante, como amosan as imaxes) a todo/a aquel/a que ouse "desviarse" dos preceptos divinos dos fillos de Judá.

 

asasinato_en_palestina_2_400

É intolerábel, porén, constatar a evidencia -triste e dolorosa- da pasividade que a comunidade internacional amosa en relación coa sangría humana padecida polos homes e mulleres palestinos. Dá a impresión, certamente, de que o problema atinxe tan só aos protagonistas do conflito cando, como sabemos, o mundo é unha espiral xeográfica á que todos e todas pertencemos independentemente da casualística do lugar onde, un bo día, abrimos os ollos.

 

asasinato_en_palestina_3

Estes cinco anos sen Rachel, lamentabelmente, a penas mudaron as cousas na dirección que todos os homes e mulleres de ben desexamos. Antes ben o contrario. A realidade móstranos que a pedra de David é hoxe, máis que nunca, un mortífero canón, un" bulldozer" con rodas de arame velenoso, mentres o voluminoso corpo de Goliat a penas ofrece o aspecto xigantesco da grande traxedia humana padecida polo sufrido pobo palestino.

Que alguén deteña a catástrofe, o xenocidio, a barbarie imperialista! Fágano por Rachel, pola paz mundial, pola memoria dos que, non hai moito, padeceron nas súas propias carnes o horror nazi nuns campos de concentración que hoxe, por desgraza, sitian impune e salvaxemente os eidos de Gaza, Cisxordania, Nablus...

Fagamos memoria.


Hai 11 Comentarios sobre este texto:

  1. Jmvelay di:

    Cada día, os asasinatos sucédense, as víctimas civís, nenos , mulleres e anciáns son branco dos proxectiles que alcanzan o territorio palestino, coa excusa de loitar contra o terrorismo;xunto a estas víctimas, estas outras, como a que tí nomeas, e que xa suman outras moitas, pois parece que Israel e Usa, có pretexto do terrorismo, aplican todo o seu poder armamentístico para facer unha realidade o de "todo vale".E digo eu:¿Quén xulgará aos maiors terroristas que non son outros que eles? ¿Quén pagará todas as vidas inocentes que levan por diante na súa sin razón?
    Moi bó o post Modesto, non podemos calarnos ante estas atrocidades.

  2. Cristóbulo di:

    Con todo, os palestinos non lle son irmanciñas da caridade, señor Modesto. Hamás, Hezbolá, etc., tamén fan das súas matando poboación civil israelí (incluíndo mulleres, nenos e anciáns) en atentados sanguentos. Ou non?

    Nas dúas partes cocen fabas.

  3. Modesto Fraga di:

    Non xustifico, de ningunha maneira, as accións de Hezbolá e Hamás contra a poboación civil israelí. Quede isto ben claro. É máis, para min son tan detestábeis os atentados dun lado coma os do outro. Mais sucede que, en aras á verdade, e como vostede ben sabe, non estamos a falar dun "combate en igualdade de condicións"; antes ben o contrario: mentres uns (os xudeus) posúen o exército exterminador máis desmemoriado e cruel da humanidade (sen falar xa de que contan, ademais, co apoio armamentístico e político norteamericano) os outros (os árabes) contan soamente con catro pedras de barro e algún que outro artefacto -se mo permite- caseiro.
    Con todo, insisto no meu posicionamento de non xustificar, en absoluto, as mortes de seres humanos inocentes que orixina este conflito, pero a realidade é a que é e os feitos cantan. Mentres os primeiros atacan casas, campamentos, escolas...os outros deféndenas, deféndense e, en ocasións, como vostede ben indica, tamén atacan, atácannos (a eles, aos invasores do dereito dos pobos a vivir en liberdade). Algo así é o que acontece, por desgraza, día a día, en Oriente Próximo.

  4. jmvelay di:

    Non discuto o comentario de Cristóbulo, pero hai unha diferencia significativa, ademáis da xa manifestada por Modesto:os actos violentos que de ambos bandos se levan a cabo non son xulgados por igual, máis ben diría que soio responden polos seus actos o pobo palestino, mentres que o goberno(e digo goberno, non pobo)israelí e americano, nunca foi, non é, nin será xulgado polas atrocidades que está a comenter cada día.Gozan dunha impunidade que roza o surealismo e que fai perder a credibilidade a cada ún dos seus discursos sobre un mundo democrático, aos que nos teñen acostumados.De todas formas, a verdade porá a cada ún no seu sitio e David terminará derrotando a Goliat.

  5. Juan Manuel Díaz di:

    Palestina ou mellor dito Philistea ten unha historia feita a cachinos como a do pobo de Israel. Ca desmantelación do imperio otoman os paises implicados entre eles Inglaterra fixeron unhas divisions da terra coa complicidade dos reinos arabes do entorno. Non pode existir nuca unha paz duradeira cando outros che venen a barrer a casa sin contar con moradores disas terras exemplos mais cercanos temos nos Balcanes onde cada cm2 esta regado con sangue . Hoxe intentan vendernos versions sobre un conflicto entre duas culturas , Arabes e Xudios mais detras do telon internacional hay outras cousas mais fondas e perigosas nisa rexion. Os palestinos son para os seus irmans sinxelamente unha barreira de poderes entre os gobernos de Siria , Arabia , Exipto e os xudios son un pobo que manten unha utopia dunha terra perdida nos tempos de Maria castana endemais sumanse os problemas de relixion, porblemas da auga, problemas de fromteiras , problemas culturais . Canto mais revolvan os gobernos extranxeiros os intereses disa rexion mais guerra e mais comflictos. A solucion esta en que eles tenen que saber convivir ou polo menos coesistir pacificamente , loitar unidos por levantar a rexion e volver a ser irmans. So chegara a paz a este mundo cando todos reconozcan a Xerusalem como a capital da irmandade e iso implica que en dous metros cuadrados tendran que vivir catro relixions que tenen a o mesmo Deus como o seu pae

  6. Cristóbulo di:

    Si, señor Modesto, pero no seu comentario omitía esta outra parte "incómoda" que agora di.

    Con todo, o feito que un bando estea en inferioridade de condicións bélicas (pero que usan moitas veces máis que "artefactos caseiros": infórmese) respecto do outro, non é como para apoiar a violencia (ás veces máis defensiva, ás veces máis ofensiva) de ningún dos dous, nin sequera do máis indefenso.

    Como ben di o señor Díaz, "a solucion está en que eles teñen que saber convivir ou polo menos coexistir pacificamente". E para iso sobran as metáforas de David e Goliat.

  7. anónimo di:

    magnífico post

  8. Ángel López di:

    Felicidades. Xa iba sendo hora que alguen dixese as cousas claramente e sin escatimar palabras. Israel xenocida.Palestina libre.

  9. Carmen di:

    Alguén viu en telecino o vídeo dos xudeus contra os medios de comunicación españois. ¿Què simbergonzas?

  10. Modesto Fraga di:

    Grazas, compañeiros.

  11. Modesto Fraga di:

    Grazas, compañeiro.

:

:
:

« Anterior Post
Seguinte Post »