
Acabo de enterarme, grazas ao facho de cultura e liberdade que é o colectivo Sacou, da recente concesión do "XIV Premio de poesía Suso Vaamonde" ao poeta noiés Manuel Lôpez Rodrígues.
Unha vez máis os fados da poesía -aqueles que habitan o silencio do que se di sen palabras- fan xustiza e recoñecen o quefacer dun poeta tan fondo e intimista como comprometido. O seu poemario, "Antítese Nativa", recibíu o recoñecemento dos membros dun xurado que, entre outros méritos, salientou a variedade léxica e o importante traballo lingüístico que abrangue a todo o conxunto da obra.
O Manuel, amigo, poeta e asiduo visitante desta casa, ten previsto recoller o seu premio, dotado con 1.000 euros, o vindeiro sábado, 17 de maio, en Vilagarcía de Arousa.
Desde aquí queremos felicitalo de todo corazón e, de paso, felicitarnos todos/as por esta nova voz que chega cos fresquísimos alentos caucanos do inesquecíbel Antón Avilés de Taramancos.




15/05/08 as 04:22
Mais umha vez, moitísimas grazas, amigo Modesto. É grato sentir ese incondicional apoio que desde sempre tiveches para comigo e todo o Colectivo Sacou en xeral. Haberá un exemplar do libro (sairá en cuestión duns meses) para a túa persoa... e a ver se quedamos un día para tomar uns viños á saude desta nosa benquerida literatura galega.
Fondas apertas!
20/05/08 as 12:06
Non tes nada que agradecer, prezado camarada. É unha satisfacción inmensa poder gozar dos éxitos dos amigos. E máis aínda cando eses recoñecementos son a unha obra literaria, poética, versificadora.
Xa nos contarás como foi o acto de entrega do galardón. Botaron fogos e danzaron as nosas muñeiras no grande día patrio das nosas letras? Abraço fondo.
25/05/08 as 08:04
En Galicia hay muchos poetas, demasiados pienso yo.