
Unha vez máis a realidade móstrase contundente, os feitos cantan: o interese particular prima sobre o común; o podre e inservíbel individualismo -froito das nosas miserias máis egoístas- afoga irremediabelmente no silencio da desidia. Agás, claro está, na vontade dos valentes, no compromiso dos heroes anónimos, no amor polo social e mesmo polo compartido. Unha especie de odisea vital na que todos vivimos e morremos ao vello xeito do inexorábel tempus fugit.
E digo todo isto porque, de novo, grazas á xenerosidade de José María e de Carmiña, donos eles dese espazo libertario e solidario que é a taberna "Ultreia", os fisterráns imos desfrutar, o vindeiro venres 23, dunha interesantísima xornada a cargo dos incansábeis membros de Amnistía Internacional
Baixo o lema Non máis violencia contra as mulleres, Marga Rodríguez e Manuel Mosquera, falaránnos desta dramática e terríbel realidade, fatalmente en auxe nos últimos anos, así como das accións urxentes e inmediatas que sobre o particular se están levando a cabo na actualidade.
Por desgraza, a violencia machista é unha lacra cotiá en aumento nesta nosa suposta "sociedade moderna" e, polo tanto, cómpre tomar consciencia cánto antes da necesidade de erradicala, de maneira contundente e con todos os medios legais que sexa necesario.
Polo de agora, e grazas ao "Ultreia", empezaremos coa palabra. Mais nos pronunciándoa, senón oíndoa. Que unha cousa é a "Área de Broka" e outra, ben distinta, a de "Wernicke". Escoitemos primeiro e que nos preste a todos.




21/03/07 as 08:45
Paréceme unha iniciativa estupenda, pero coido que temos que entender que o concepto de "violencia contra as mulleres" é un termo bastante ambiguo. Non me quero adiantar nin moito menos ó que os membros de Amnistía Internacional van dicir -por outra banda, eu son membro activo de A. I.-, pero simplemente quero apuntar como cousa que está a pasar:en certas ocasións o abuso de poder, a propia autoinculpación da víctima -nesta caso a muller-, a vergoña, o típico qué dirán..."é imposible que isto me pase a min", etc. nos casos máis variopintos que vos poidades imaxinar están a minar a integridade non só física, senón moral de moitísimas mulleres e moi novas!!!Hai unha grave tendencia a que unha víctima dunha agresión sexual, sinta que "o merece,que ten pagar ese prezo..." É francamente aterrador e coido que hai moitas mulleres con ese problema. Coméntobolo, porque eu non vou poder asistir e é un tema francamente importante en todo o seu conxunto. Estarei moi atenta a todo o que publiquedes e a todas as opinións. Para min é unha auténtica mágoa non poder ir. Unha aperta a todos.
21/03/07 as 06:01
como ven dís, lucía, o termo "violencia contra as mulleres" é ambiguo;decirche que a charla non se centrará en agresións físicas soio, senon que abrangue aspectos lexislativos que deben cambiar en certos países (en marrocos, por exemplo o home podería matar á súa esposa en caso de ter ésta unha relación adúltera, e non ser por elo xulgado penalmente...)éste e moitas outras cuestións terán cabida na charla.Agradezo o teu interese, soio dicir que a charla será dabondo extensa para tocar todos esos temas que apertan o concepto de violencia contra a muller e que intentarán dar un máximo de información e invitación aos presentes para actuar i eleminar estas inxusticias.
21/03/07 as 06:30
Tiene muy buena pinta esa charla sobre la violencia de género. Es una gran desgracia para toda la humanidad y si no se ponen los medios necesarios acabará siendo una lacra de dimensiones incalculables.
21/03/07 as 08:20
O tema da violencia sexista non é unha broma nin algo que se deba tratar frivolamente. Os feitos demostran que estamos ante un drama que, por desgraza, se repite con moita frecuencia en todas as partes. Debemos, entre todos, actuar de inmediato e facerlles ver aos maltratadores que a nosa sociedade condena os seus actos, que homes e mulleres somos merecentes, por igual, dun trato respectuoso e civilizado.
Estou seguro que a xornada do vindeiro venres no "Ultreia" servirá para sumar consciencias e aunar esforzos na condena, unánime, contra os maltratadores. Non hai lugar para eles na nosa sociedade. Esa debe ser a mensaxe.
22/03/07 as 12:50
Aquí vos envío o enderezo de A. I. co link directo co fin de que se poida dar difusión ao movemento en favor dos dereitos da muller e para que se poidan ver con claridade todos os apartados que se abordan moi fondamente e con estricto rigor por parte de Amnistía Internacional:
http://web.amnesty.org/actf...
Tamén cómpre sinalar que gracias aos miles de sinaturas que A. I. e aos que nos movilizamos, puidemos evitar a lapidación de Amina Lawal en Nixeria e puido asistir coma testemuña e protagonista dunha realidade ao II Encontro de España-África:"Mujeres por un mundo mejor", mais non só ocorre esta burrada en Nixeria, senón hai mulleres a sufrir este calvario en Irán, onde cada minuto é decisivo. Cada sinatura, un segundo de vida. Anímovos a consultar a páxina de Amnistía Internacional e asinar para PARAR XA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES EN TODAS AS SÚAS FORMAS. A información é poder, canto máis saibamos, máis fortes seremos e con máis forza ergueremos a esa descoñecida muller que vemos cada día, en cada cidade,que,tal vez, aínda non se atreve falar; mañá será un novo día, de nós depende dar voz ás que non a teñen e dar pulos ás que a ten, pero feble. Sempre con vós.
22/03/07 as 03:30
Gracias pola túa colaboración Lucía.Isto fai que non esqueza nunca que "soio os pequenos logros individuais fan posible as grandes conquistas colectivas".
23/03/07 as 08:48
Gracias a todos. É a miña obriga como membro activo en alertas de urxencia "pro dereitos humanos e infancia", a miña escolla. Penso que este intercambio na web de modesto reflicte moi claramente algo que, para min nunca deixa de estar "de moda"; queirámolo ou non, toda a poesía é social, porque é unha producción humana dentro da sociedade cunhas canles e unha mensaxe. Para entendermos; só o poema que non provoca reacción (humana, polo tanto, social)é un poema inútil. A emoción, a reacción en forma de fermoso aloumiño ou de croio contra unha fiestra da administración, ése que esperta a conciencia social é o que funciona poética e socialmente (e viceversa). Sei que é un longo debate, NO QUE HABERÍA MOITAS CUESTIÓNS QUE COLLER POLO MIÚDO, SEINO. Máis, senón hai unha pequena pinga da verdade nesta tese, ¿movilizaría a web dun poeta tantas opinións e demandas de solidariedade antes incluso da exposición de Marga e Manuel encol do devandito tema que nos ocupa? Coido que non. E ademáis, sen censuras, nun espacio de máximo respecto e interese polas intervencións dos compañeiros. Parabéns a todos e,por suposto, a ti, Modesto. (Por certo, pecho a boca nunha tempada, non quero abusar da vosa paciencia)Gracias.
27/03/07 as 12:45
Comentoume un paxariño que os actos do ultreia foron todo un exitazo. Enhoraboa, ese é un síntoma de que as cousas están cambiando por aí, así que adiante e que o empeño non morra.
A miña total solidaridade para cas víctimas das agresións físicas e psicolóxicas a calquera persoa.