
Aí é nada. O noso milenario Cabo Fisterra vén de ser recoñecido onte co galardón de "Patrimonio Europeo", outorgado, nin máis nin menos, que pola UE. Segundo as numerosas informacións aparecidas nos diferentes medios de comunicación, esta é a primeira vez que se concede esta distinción que recoñece, por unha banda, un enclave paisaxístico excepcional e, por outra, o significado que Fisterra ten como fin do mundo occidental aos ollos incrédulos de quen, nalgunha ocasión, desfrutou do privilexio "celestial" de visitar o noso "Mare Tenebrosum".
De todas as propostas valoradas polos expertos europeos tan só 30 delas acadaron o prestixioso galardón. Co noso Cabo, foron recoñecidos tamén outros tres "bens de interese" españois como o Mosteiro de Yuste, a Residencia de estudantes de Madrid (frecuentada, como todo o mundo sabe, polos principais poetas da xeración do 27: Rafael Alberti, Federico García Lorca, Luís Cernuda ou Miguel Hernández, entre outros) e o Arquivo Histórico da Coroa de Aragón. Case nada.
O vindeiro luns, a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, asistirá ao acto de proclamación oficial, que terá lugar no Mosteiro de Yuste (Estremadura), onde coincidirá coa Ministra de Cultura, Carmen Calvo, e co presidente da comunidade estremeña, Rodríguez Ibarra. Que vaia alguén de Fisterra, por favor!




15/03/07 as 06:24
A pregunta é: hai alguén aínda en Fisterra, aparte do fareiro, ou están todos en Fuerteventura?
15/03/07 as 06:30
Xa era hora que recoñeceran a fisterra como o que é, un enclave unico maravilloso, que malia os seus dirixentes e o seu proxecto urbanistico, segue a ser un sitio único.
Amigo Modesto, a ver si este fin de semana baixo e nos vemos polo noso punto de encontro para falar ao calor dunhas copas.
16/03/07 as 04:03
que lle ponan peaxe o faro que xa he hora que si temos algo podamos administralo nos : o noso concello e o noso pobo ten que saber esplotar os seus recursos como en todas as partes do mundo
Ir ata o fin do mundo e ademais de morros so pasa eiquí. A mi cobraronme 8 euros por ir a unha praia que solo había lama , nin cancrexos había .Istaba a abarrotar e por encima a auga despois de andar tres kilometros non che subia da rodilla isto en Alemania que igual he un pais caro pero en Turquia outro tanto que por ir a outra praia 15 liras turcas ah con unha condicion que os casados na parte dereita e os solteiros na parte izquerda con policia e todo por si hay mal rollo e ataque de celos. Mais en Fisterra somos asi de esplendidos y de lo que nada nos cuesta que vengan otros ha hacer fiesta
Fisterra patrimonio europeo peroooooooooooooo
suban empujen estrujen vajen y antes pajen 1 eurino ou algo mais non arruina a ninguen
16/03/07 as 01:00
Meus amigos: xa vexo que ao voso entusiasmo o acompaña certa dose de desconfianza ben xustificada. A verdade é que arume dos piñeiros ten moita razón coa súa sutil reflexión, senón que llo pregunten a Juan Manuel, que algo sabe diso.
Con todo, eu espero que tanto a sangría migratoria canaria, suíza e alemana -que nos vén afogando e levando a nosa man de obra máis prezada- (a dos/as xóvenes máis formados da nosa historia) como a limitada capacidade política que nos (mal) representa, quede atrás definitivamente e poidamos, entre todos/as, situar a Fisterra no lugar que lle corresponde. Motivos temos máis que dabondo e todo será "ir tirando" pouco a pouco. Apertas a todos.
16/03/07 as 01:44
Dudo muito que este premio sirva para que a Fisterra fáganlle mais caso do que lle fan.Para desgracia nosa estamos mui lexos da capital e solo nos fan caso cando pasa unha tragedia ou algun barco que vai o fondo.Non creo que sirva de muito e a miña opinión.
16/03/07 as 03:13
Cómo me ha gustado caer aquí :)
http://www.fotolog.com/massai
16/03/07 as 05:53
Creo que é unha boa nova para Fisterra.
Somentes non é dabondo có recoñecemento europeo, agora precisamos máis que nunca que a Administración Galega i Española dé un impulso , como nunca fixo antes para que realmente os beneficios que teóricamente, nos debería reportar, sexan reais.
Por suposto , non me esquezo de facer un chamamento ao Concello de Fisterra para poñer en marcha proxectos, ideas....que fagan de Fisterra merecedor de elo.Por último dicir:Fisterráns, tamén a nós nos toca aportar algo a todo isto.
Creo imprescindible un exercicio de responsabilidade ao respeto.
Remato dicindo que me sinto moi feliz pola nova.
Animo Fisterra.....
16/03/07 as 07:23
19-03-2007 deberia ser unha data historica para o pobo de fisterra e aproveitando que estan ahi as festas do cristo,outro patrimonio deste pobo,por parte do concello deberia organizar algun acto especial para festexar tal acontecemento de que o cabo fisterra sea Patrimonio Europeo.
17/03/07 as 03:44
quixera dicir que vergonza me daria que lle deran algo a fisterra porque para os que nunca foran aforrandolle os cartos lle diria fisterra e un pobo no que as casas son vellas a xente non limpa e a parte de merda so se podria encontrar catro tolos catro vellos borrachos mariñeiros e xente que non limpa a parte de tres listos que se creen artistas pouco mais
17/03/07 as 05:31
Maruxiña, ofendes aos fisterráns coas túas verbas porcas e cheas, seguramente de despeito, de odio e non sei que máis que te impide ser obxetiva, ou, cando menos, respetuosa con un pobo, que, ainda tendo moitos defectos, tamén goza de virtudes que tí, por exemplo, dubido moito que teñas.Fisterra ten lixo, sí, pero sigue tendo un aire tan puro, que moitos quixeran...fisterra ten casas vellas¿qué pobo ou cidade non as ten?catro tolos borrachos mariñeiros, coma tí dís, hai en calquera sitio e tamén sin ser mariñeiros.....¿e artistas? por suposto que os hai, se algo nos fai diferentes aos demáis e o noso singular carácter e sensibilidade artística, así como intelectual;outra cousa é que non se podan desenrrolar estas aptitudes en Fisterra, igual acontece en Europa, todos marchan para América...
En fin, os teus argumentos para dicir esa chorrada non son válidos, tan soio nos resta pensar que eres un pouco bocazas por non dicir algo maior.Pechando este paréntese....¡¡adiante Fisterra!!!
17/03/07 as 02:38
Irei por partes. En primeiro lugar, grazas Clara por acompañarnos nesta túa casa e por desfrutar, na medida do posíbel, desta humilde singradura. En segundo lugar, estou de acordo co que di bonscot de aproveitar as festas do Cristo, declaradas, como se sabe, de interese turístico nacional, para levar a cabo actividades diversas en beneficio do noso pobo. Creo que o tirón das festas debe ir acompañado de cultura. Faltaría máis. En canto ao que di Maruxiña, sinto vergonza de que algúns/has aproveiten este foro de respecto común para insultar ao pobo de Fisterra. Loxicamente non penso permitir afirmacións gratuitas e faltas de rigor contra os veciños do meu pobo (dos que me sinto, por certo, moi orgulloso). Nese senso, e aínda que me doa na alma coartar a liberdade de expresión, lamento comunicarlle ao autor ou autora desas desafortunadas declaracións que, ou ben rectifica, ou me verei na obriga de condicionar e, por ende, suprimir os seus comentarios. A liberdade de opinión non é, ao meu entender, compatíbel coa descalificación e o insulto fácil.
17/03/07 as 03:07
O que hay e moita envidia e mala hostia. Non fagas caso amigo Modesto. Desa xente hay en todas partes, o único que fan e falar mal dos seus e punto. Enoraboa por ese patrimonio europeo tan merecido.
18/03/07 as 03:21
Maruxina Maruxina se a envidia fora tina canto tinoso habría polo mundo.
A Fisterra podedeslle decir canto queiras : FISTERRA SOLO HAY UNHA: con lixo , casa vellas e catro borrachos pero o lixo que ti dis e superficial e podese limpar. As casas vellas parte da nosa historia como pobo de mar de xente traballadora cada día e facendo o que pode para ir chegando o fin de mes e os catro borrachos que ti dis sexan tolos , vellos ou marineiros merecen o respeto noso coma ciudadans e vecinos.Solo escoitar a palabra FISTERRA he sinónimo do sitio mais fermoso que se pode conecer; COSTA, VERDE, PRAIAS , MAR , XENTE , CASAS VELLAS E ADEMAIS OS CATRO QUE TI DIS QUE SON FISTERRANS A MOITA HONRRA
XA VES QUE OS COMENTARIOS COMO O TEU MELLOR QUE MELLOR NON FACERLLE NIN CASO . ACONSELLOTE QUE SAIAS A VER MUNDO E XA ME DIRAS DONDE ENCONTRAS ALGO TAN FERMOSO COMA A NOSA TERRA
18/03/07 as 01:10
Nunca pensei que as verdades ofendesen tanto,pero bueno o que se pica allos come,e vexo que vos picades moito,pero por orgullo un podese sentir orgulloso ata de roubar.De tal maneira por viaxar tampouco e,invitovos a todos a ir a vinte pobos preto de fisterra e calquera deles será´mais fermoso.Eu non insultei a ninguen pero direivos que a industria de fisterra son catro barcos, noventa camellos e o turismo que tedes e o de catro pringados da comarca que van a pillar pra irse de marcha a Santa Comba,Ponteceso ou a Cee,sendo os fisterrans sempre coñecidos polas suas liortas ou ultimamente polos crimes relacionados con temas oscuros.Esta e a miña rectificacion e sen animo de ofender a ninguen aparte dos aludidos que asemellan que foron moitos.
19/03/07 as 12:03
verdades? A ÚNICA VERDADE HE QUE UNS LEVAN A FAMA E OUTROS CARGAN A LANA E ANTES DE NOMBRARME ESES 20 POBOS TAMEN MOS COMPARAS E ME DIRÁS SI TENEN O PATRIMONIO QUE TEMOS NOS POR EWSO DEVE DE SER QUE AGORA EN TODA COSTA DA MORTE TODOS SON FISTERRANS OU UTILIZAN ESE TOPONIMO PARA SACARLLE REDITOS. ASTUAS ALUSIONS PARECEN SACADAS DUN LIBRO FASCISTA E PAUPERRIMO QUE SOLO MATIZA A IGNORANCIA E OS POUCOS MIOLOS QUE TES NA TESTA:
WEIß DU WAS? ICH BIN SEHR STOLLS ALS FISTERRAN UND LEUTE WIE DU SIND EINFACH EINE MINDERHEIT DASS KEINE kULTUR HABEN UND KRITISIEREN WEIL SEHR NAIDICH UND MIT ETWAS KOMPLESSE SIND
MARUXA DU KANST MICH MAL.
isto mellor en aleman por que si non seguro que mo censuran
FISTERRA TERRA E MORADA DO DIOS NEREO ERES ÚNICA E A XENTE QUE TE CRITICA SON JASTO OU MELLOR DITO TRAPOS DE FREGAR:
POR FAVOR MODERADOR INTENTADE QUE XENTE COMO A MARUXA NON TENA OPCCION NISTE GENIAL E SANO FORO ASI EVITAREDESNOS QUE TENAMOS QUE CAJARNOS EN MAIS DE CATRO VENDO PARBADAS
19/03/07 as 06:53
Mi más sincera felicitación a todos los fisterrans, de corazón. Es un éxito que seguramente traerá grandes propósitos a vuestra añorada y a veces olvidada tierra. Que sirva para mejorar en todos los sentidos.
19/03/07 as 08:02
Maruxiña, xa que tan intelixente pensas que eres e dis que non insultaches a ninguen vou a facer algo mais educado que ti e enseñarte un par de cousas, que non hai maior pecado e ousadía que a ignorancia, e a ti sobrache polo que me das a entender.
En fisterra hai porcallada de sobra, si... e algunhas veces falta civismo, estou de acordo, pero o edificante e denuncialo e non facer leña de iso, por outra banda, e baixandome o teu nivel, invitoche a que veñas para que comas toda a merda que podas, que xa comprobei que a merda queda moi ben na tua boca.
Casas vellas??? eso é o marabilloso, o orgullo de todo pobo, soio queda reparalas un pouco, invitoche de novo a que baixes o lombo para traballar na mellora, que me da a min que ti non es moi de traballar, non si??? o mellor acerto.. digoo porque os que critican soen quedar a miudo a mikrar os toros dende a barreira, jeje.
Acerca dos tolos e borrachos... jeje, carmiña... invitoche a que veñas a coñecelos e te emborraches con nos, que a sua locura e borrachera para ti a quixeras e non esa amargura que parece tes coa tua vida...
Os artistas??? xente xenial, divertida, intelixente,... quizá e do que carezan noutros sitios pero aqui sobran... eu direiche que encaixo con todo o que dixeches, son porco, teño unha casa vella, borracho cando hai cartos e tolo coma ningun, ah!!! e artista, e que feliz maruxiña, e que feliz de ser fisterran...
Ti non o entendes porque as miñas verbas son intelixentes e non sei si daras para tanto....
Si lees o que escribeu modesto, entenderas que falou ben de fisterra porque o ten a orgullo, pero en ningun momento desprezou os outros pobos que nos rodean, que de seguro son preciosos tamen, pero ti soltaches tanta merda que te puxeches pingando... pero ten que haber de todo, maruxiña, e para falar de fisterra deberias lavar a boca.
Perdón si me pasei, amigo modesto, pero creo que se merecía unha resposta contundente e ruín... o mellor quenteime de mais...
20/03/07 as 01:34
Eu síntome moi orgullosa de Fisterra e de ser fisterrana, por moito que algunha xente se empeñe en facer afirmaciós do tipo "Os fisterráns son todos uns..." ou "miña nai! os de Fisterra!, escapa deles...". Pasando de todo este tipo de descalificacións de xente que mete no mesmo saco a todo o pobo, sabendo que son catro bobos os que nos desprestixian, eu estou moi orgullosa do noso pobo, da nosa xente, das nosas casas, dos nosos artistas (moitos e moi bos) e como non do noso faro. Alédame saber que foi galardonado co título de "Patrimonio Europeo" pero o que me preocupa é pensar en que ese galardón se quede na celebración que hoxe tivo lugar. A ver se me explico: a nosa Semana Santa tamén é de Interese Turístico Nacional, pero de que vale eso si non se fai nada por ela? vístedes algún ano un anuncio? escoitástedes algunha vez que se lle dera bombo por parte do concello nos medios? Estas cousas son para aproveitalas home! sacar partido e dar a coñecer aínda máis se cabe este noso pobo.
Preocúpame que non se saiba explotar este "Patrimonio Europeo" que quede así, un mundo de cemento cubrindo un enclave maravilloso na fin da terra. Home por Dios un pouco de consideración! aquí neste concello parece que non existen máis materiais que cemento e adoquín carallo! arrejlade a desfeita que fixéstedes no faro para empezar...
E seguide por aproveitar o premio que se lle concede a nosa terra e dádelle máis publicidade!
Aproveitemos este galardón para levantar o pobo!
21/03/07 as 12:34
Meus amigos e amigas: Non vos enfadedes nin vos "fajades mala sancre" por comentarios despectivos e inapropiados en relación coa nosa adorada e querida Fisterra. Non ofende quen quere senón quen pode, reza o vello refrán. Tedes que pensar que, normalmente, detrás dese tipo de improperios habitan frustracións que, talvez, merezan antes unha atención médica que unha resposta escrita. En todo caso, irmáns de patria común e milenaria, Fisterra ten algo que, por desgraza para outras vilas limítrofes, non posúen as demais: historia, tradición, renome internacional. Se alguén dubida, a estas alturas, do referido, que llo pregunte ás tropas romanas de Augusto e a toda esa pléiade imperial que se arrodillou ao chegar a este noso Cabo do mundo.
21/03/07 as 05:22
perdon,por confundirme de foro,non sabia que era un foro facha,no que as criticas eran tan mal aceptadas.De tal maneira so comentarei o seguinte:quedou ben demostrado de onde veñen tales insultos dos de fisterra,que son os unicos catro amigos do susodicho,non me dou por aludida en ningun dos insultos nin sequera do que se cree que sabe alemàn,tamen direi que trapo de fregar,de onde son eu utilizase para limpar non para insultar,quero pensar que estabades baixo os efectos de algun sicotropico cando escribistedes tales afirmacións,xa qye dicir que un e orgulloso de ser borracho e animar a vosa xuventude a beber que asi está.Respeto o da atención medica so comentarei,que onde eu traballo xa fan informes e ata o de agora todo vai ben,a ver si podes dicir o mesmo,queridisimo aprendiz de periodista,porque ata o de agora non vexo os vosos,titulos academicos pòr ningun sitio.En ningunha das miñas frases hai insultos persoais,polo que a hora de contestar diriavos que vos midades nas palabras,non vaia a ser que nos vexamos nos tribunais.Deica sempre e ata nunca màis,a ver si para a proximA XENTE QUE NON ESTE DACORDO CON VOS TEDES MAIS EDUCACIÒN PANDA DE AFICIONADOS.
21/03/07 as 06:23
Maruxiña: antes de ameazar con ir aos tribunais, o primeiro que debes facer é desenmascararte e dar a cara (nome e apelidos, a poder ser) xa que, ante un xuíz, o teu anonimato amais de sospeitoso é un claro síntoma da túa covardía. Aquí a única persoa que se atreveu a insultar aos fisterráns fuches ti, así de claro. Polo tanto, ten máis coidado co que dis, non vaia ser que os que denunciemos sexamos nós. Para que te deas conta do grave dos teus insultos vouche refrescar a memoria: "Fisterra e un pobo no que as casas son vellas a xente non limpa e a parte de merda so se podria encontrar catro tolos catro vellos borrachos mariñeiros e xente que non limpa a parte de tres listos que se creen artistas pouco mais (17/3/2007)" "direivos que a industria de fisterra son catro barcos, noventa camellos e o turismo que tedes e o de catro pringados da comarca que van a pillar pra irse de marcha a Santa Comba,Ponteceso ou a Cee,sendo os fisterrans sempre coñecidos polas suas liortas ou ultimamente polos crimes relacionados con temas oscuros (18/3/2007)", etc. estas palabras pronunciácheles ti.
Queda clariño!
21/03/07 as 08:33
Prégolles a todos/as a que baixen o ton dos seus comentarios, en absoluto intrascendentes pero, certamente, ferintes en ocasións. Como ben saben os asíduos visitantes desta casa da palabra, o único que se pretende neste espazo é que sexa, antes que nada,un fogar de respecto e de intercambio para o debate. En ningún caso un fervedoiro de insultos nin descalificacións para o que hai, creo, outros foros pola rede adiante. Non permitirei que ninguén se meta con Fisterra nin coas súas xentes de maneira gratuíta. Tampouco, que o fagan cos visitantes que participan do debate en harmonía e compañeirismo. Porén, pediríalles a todos un pouquiño de moderación nos seus comentarios e agradeceríalles que fixesen gala dun exercicio coherente de saber estar sen caer nas descalificacións nin nas provocacións.
En canto ao que se di de min, tratándome de aprendiz de periodista sen títulos universitarios, prefiro non responder á insinuación dado que entendo que non hai peor desprecio que non facer aprecio. E máis nada, por favor, un pouco de seriedade.
22/03/07 as 05:04
SISISI MARUXA REPITO TRAPO DE FREGAR TEN MOITAS DEFINICIONS PERO GUSTARIAMO DECIRCHAS PERSOALMENTE CANTOS SINONIMOS PODENSE TRANSMITIR CON ESA FRASE.
MIRA SEXA QUEN SEXAS ACONSELLOTE QUE INTENTES ACERCARTE O COLECTIVO DA XENTE QUE HE UNA ANTESALA ANTES DE CHEGAR O DAS PERSOAS: INTENTA NON LADRAR TANTO E CANDO SEXAS CRÍTICA UTILIZA POLO MENOS AS LEYS DO RESPETO MUTUO HACIA CALQUER CIUDADAN, COLECTIVO OU POBO SIN SER TAN... TRAPO DE FREGAR ... COMO TI DIS UTILIZASE PARA LIMPAR POIS A VER SI LIMPA OS TEUS COMENTARIOS OU SI CHE LIMPA TAMEN AS IDEAS CANDO ESCRIBAS ALGO DE FISTERRA
ESE NOME QUEDACHE MOI GRANDE PARA QUE O MENCIONES NOS TEUS ESCRITOS
26/03/07 as 06:50
Oe, Maruxiña:
Qué che parece si te ves a dar unha voltiña por Fisterra? Con moito gusto amosaríache currunchos que seguramente non coñeces e que estou por decir que non os atoparias nin no mesmísimo paraíso. De verdade muller, vente a dar unha voltiña. Levareiche a pasear tamén por lugares donde a merda ata cheira ben, porque aquí, neste lugar onde Deus quixo poñer fin a súa creación todo arrecende a frescura, ata a merda mesma fíxate tí.
Ven miña Maruxiña, presentareiche tres ou catro vellos mariñerios, incluso si queres ata chos presentaría metidos nun bote bogando cara a San Roque, seguro que ibas a emocionarte cas súas historias e rirte cos seus chistes, claro que eso sí, para elo terías que saber escoitar, e máis mirar, en suma aprender pero polo que me parece non estás tí para esos menesteres.
En fin rapaciña, si te decides, e ves, poderíamos despois de disfrutar ca contemplación deses lugares que non hai nin no mesmo paraiso, e despois de arrecender o cheiro a flor de primavera que ten a nosa merda, e tras escoitar todo o que nos poden ensinar os nosos vellos e sabios mariñeiros poderíamos ir ata a miña casa, xa sabes solo pra tomar un café e unhas jalletiñas non vaias pensar mal e déche por decir que aquí non somos mási que un tropilla de violadores.
26/03/07 as 06:50
Oe, Maruxiña:
Qué che parece si te ves a dar unha voltiña por Fisterra? Con moito gusto amosaríache currunchos que seguramente non coñeces e que estou por decir que non os atoparias nin no mesmísimo paraíso. De verdade muller, vente a dar unha voltiña. Levareiche a pasear tamén por lugares donde a merda ata cheira ben, porque aquí, neste lugar onde Deus quixo poñer fin a súa creación todo arrecende a frescura, ata a merda mesma fíxate tí.
Ven miña Maruxiña, presentareiche tres ou catro vellos mariñerios, incluso si queres ata chos presentaría metidos nun bote bogando cara a San Roque, seguro que ibas a emocionarte cas súas historias e rirte cos seus chistes, claro que eso sí, para elo terías que saber escoitar, e máis mirar, en suma aprender pero polo que me parece non estás tí para esos menesteres.
En fin rapaciña, si te decides, e ves, poderíamos despois de disfrutar ca contemplación deses lugares que non hai nin no mesmo paraiso, e despois de arrecender o cheiro a flor de primavera que ten a nosa merda, e tras escoitar todo o que nos poden ensinar os nosos vellos e sabios mariñeiros poderíamos ir ata a miña casa, xa sabes solo pra tomar un café e unhas jalletiñas non vaias pensar mal e déche por decir que aquí non somos mási que un tropilla de violadores.