Presentación (nesta casa) de "Antítese nativa"

anttese_nativa_02

O poeta noiés Manuel Lôpez Rodrigues, autor do poemario Antítese nativa, permítenos que presentemos hoxe aquí a súa obra; un poemario inzado de emocións, de compromiso, de alento vital. O poeta, fiel á súa exquisita sensibilidade, bríndanos aos seus lectores o privilexio de gozar da boa poesía, de alimentar o espírito, de reafirmármonos na vontade de reiterpretar o mundo, de sentírmonos máis libres, máis humanos.

Por motivos de imposibilidade tecnolóxica (lamentablemente aínda non dispomos das ferramentas necesarias para ver e, xa que logo, escoitar a Manuel a través da pantalla do ordenador) non podemos contar coa súa presenza física neste acto de presentación. Con todo, estamos convencidos de que os seus versos serán máis que de abondo para podermos desfrutar do poder da palabra, da verdadeira poesía, da que ilumina. Aquí non precisamos de greladas, de "Don Celidonios", nin de individuos que infravaloran e desprezan a identidade cultural do país. Aquí habita a palabra, a poesía, a literatura (con maiúsculas). Grazas, poeta. 

 

"Baixara os escombros

turbamulta escoando o silencio

aparente tremor e fugaz martirio

lugar amado

(sedimento).

Agora que aponteo incesante

vento que bates

a imagem divina daquela que chega a terra

e aterra neste porto

de vougo que é Siza.

 

achar morte na circunstancia

capitam varado

que apodrece deitado na praia

 

que aponteo"

 

                                      Manuel Lôpez Rodrigues

                                      (Do libro "37 poemas por man propia")