Fisterra versus Finisterre
publicado o 08 Xaneiro de 2004 ás 12:32 por Modesto Fraga.
Comienzan los actos de reivindicación del topónimo de Fisterra
la voz | carballo
La recién creada asociación O toxo no cu , que defiende el nombre auténtico de Fisterra en vez de Finisterre, en la que están integradas una veintena de personas y que preside el escritor Modesto Fraga, ya tiene perfiladas algunas de sus actuaciones inminentes. Presentada en sociedad, en el faro del municipio, el pasado fin de semana, y con los trámites legales de constitución en marcha, han comenzado ya con el reparto de camisetas con los lemas Eu son de Fisterra (anverso) y Eu non son finisterran@ (reverso).
En la calle hay 50, pero las peticiones de más son muy numerosas.
También está en marcha el reglamento de los premios Toxo vede y Toxo de honra , con los que pincharán , o premiarán, a las personas que defiendan (o no) la legalidad toponímica.
Asimismo, en lospróximos días solicitarán informes a la Real Academia Galega sobre todo el proceso que llevó a designar el nombre de Fisterra como oficial, así como informes jurídicos sobre la Lei de Normalización Lingüística, Estatuto de Galicia y normativa toponímica. También están en preparación una serie de jornadas en las que se invitará a especialistas en el tema.
Modesto Fraga asegura que está satisfecho por la respuesta recibida a esta iniciativa por parte de sus vecinos, pero también asegura que, entre algunos sectores del municipio, nota un ambiente «un tanto raro, son os que se obsesionan con Finisterre, parece agora que aquí nunca se usou Fisterra, cando non é así», explica el poeta.
En cuanto al grupo de personas que defiende la idoneidad de emplear Finisterre como nombre único, comenta que «non se sabe quen son, parecen unha secta oculta», y les pide que se den a conocer.
Pegatinas
Su trabajo sí que se ve, en pintadas en las carreteras y, desde hace poco, en pegatinas repartidas por numerosos establecimientos y lugares. En ellas se aprecian cuatro banderas: junto a la gallega y la española aparece la leyenda Finisterre, el único fin del Camino , y con la inglesa y la francesa, lo mismo, pero en sus respectivas lenguas.
Fraga Moure considera que el Concello no debería permitir el uso de espacios públicos para pintadas y campañas que «bordean a legalidade», y analizarán qué medidas tomar para depurar responsabilidades en caso de que el Ayuntamiento no haga nada.
Fisterra versus Finisterre (2)
publicado o 04 Xaneiro de 2004 ás 12:35 por Modesto Fraga.
Nace una asociación que defiende el nombre auténtico de Fisterra frente al de Finisterre
Carballo
E. Eiroa | cee
A las cuatro y media de hoy domingo, la nueva asociación O toxo no cú recibirá su bautismo en el faro de Fisterra, un entorno emblemático elegido a propósito para a dar a conocer las actividades que el grupo desarrollará en el futuro: defender los valores etnológicos, lingüísticos y culturales propios, según explica uno de sus miembros, el poeta fisterrán Modesto Fraga.
La asociación surge a raíz de la polémica suscitada durante las últimas semanas sobre el topónimo que más que conviene al fin del mundo. O toxo no cú reivindica -comenta Fraga Moure-, que se mantenga la legalidad, que se defienda el nombre gallego de la localidad, como en cualquier otro punto de Galicia.
Para ello ya han puesto en circulación medio centenar de camisetas que actuarán de reclamo: «Eu son de Fisterra», reza en su parte delantera la prenda de ropa, y «Eu non son finisterran@», dice en la espalda.
Una veintena
Según Modesto Fraga, el grupo, que aglutina ya a una veintena de miembros y unos estatutos propios, además de estar inscrito en el registro de asociaciones, está formado por gente creativa de todos los ámbitos de la cultura y con edades que van desde los cuatro años del hijo de alguno de los asociados, hasta los 60 de los más viejos.
Pretenden actuar dinamizando la vida cultural de Fisterra, organizando citas musicales, literarias y de cualquier tipo que tengan como objetivo salvaguardar el patrimonio propio. «Non temos ningunha vinculación política nin queremos tela -asegura Modesto Fraga-, senon que calquera interesado en defender o que é noso se implique no grupo».
Además de actividades culturales, esta nueva entidad también entregará premios honoríficos a aquellos que defiendan de algún modo el patrimonio fisterrán en cualquiera de sus versiones.
Vogando con Alexandre Nerium
publicado o 31 Decembro de 2003 ás 13:48 por Modesto Fraga.
Poesía entre multitudes
La Voz de Galicia Carballo
Reportaxe |
O fisterrán Alexandre Nerium deu a coñecer «Vogar de couse»
Ramón Vilar | carballo
Fisterra vestiuse de gala o sábado á noite para recibir o primeiro libro individual de Francisco Manuel López Martínez, coñecido no mundo literario por Alexandre Nerium. Mentres nas rúas da vila mariñeira un vento racheado escachaba máis dun paraugas, no interior do hotel Cabo Finisterre un salón ateigado de xente daba calor ó acto.
Expectación
A presentación do poemario Vogar de couse conseguiu que unhas duascentas persoas acudiran a arroupar ó seu autor. O feito non pasou desapercibido, cóntanse cos dedos das mans as veces que un libro ergue tanta expectación no país. A mesa de oradores que o acompañaban ó poeta era de excepción: A escritora Marilar Aleixandre, o académico Francisco Fernández Rei, o profesor Xosé Luís Axeitos, o editor Miguel Anxo Fernán-Vello e o poeta fisterrán Modesto Fraga na presentación. Entre o público, escritores, mariñeiros e veciños en xeral que non quixeron perder a presentación do libro na patria pequena de Alexandre Nerium.
O libro Vogar de couse , que mereceu o ano pasado o premio de poesía Johan Carballeira de Bueu, vén de ser publicado pola prestixiosa editorial coruñesa Espiral Maior. É a primeira obra individual de Alexandre Nerium que ve a luz, seis anos antes participara nun libro colectivo con outros autores da comarca. Neste tempo tampouco faltaron galardóns literarios colleitados por distintos puntos da xeografía galega.
Para todos os que tomaron a palabra no acto, a primeira obra de Alexandre Nerium significa unha importante contribución á poesía galega. O profesor da Universidade de Santiago e membro da Real Academia Galega, Francisco Fernández Rei, repetiu as palabras escritas no limiar da obra: «É un traballo de ourivería, no que o autor demostra o grandioso dominio do léxico (mariñeiro e non mariñeiro, popular e culto) e dos metros clásicos». Outros, coma o profesor Axeitos e o editor Fernán-Vello, mostraron a súa seguranza de que a obra de Nerium «está chamada a perdurar no tempo». A xornada rematou coa lectura, polo autor, de fragmentos de Vogar de couse . Acompañárono escritores da Costa da Morte e posteriormente cinco mariñeiros de Fisterra. Foron moitos os que non quixeron marchar sen unha dedicatoria asinada polo autor.
Versos
Á saída o vento amainara en Fisterra, protagonista e metáfora da obra dun poeta que coñece coma poucos os seus misterios milenarios. E velaí as súas palabras que ecoan xa cabo dos bravos penedos desta terra: «A nosa estirpe, vós, homes do mar que vindes/ co peso dos barxáns por capear ó lonxe,/ fartos de atalingar mouréns, de achicar dores./ de volver debagar canta avidez subsiste/ enriba dos cuarteis dos temporais inortes».
Roma non paga a traidores
publicado o 29 Decembro de 2003 ás 11:23 por Modesto Fraga.
La Voz de Galicia Carballo
TRIBUNA ABERTA
MODESTO FRAGA MOURE |
NADA MELLOR que a análise repousada e obxectiva para profundizar pormenorizadamente no día despois de calquera comicio electoral. Á vista dos resultados do domingo e, xa que logo, das perspectivas dos grupos políticos contrarios á dereita que representa o PP fisterrán, o que semella claro é que cada vez máis a cidadanía pronuncia o seu dictame en base a aspectos condicionados dunha ou doutra maneira.
Non abonda, polo tanto, a suposta madurez democrática que se lle supón á vontade popular, nin siquera contan demasiado as peculiaridades e características propias que sempre acompañan ós procesos electorais na nosa querida vila. Ó contrario. Pesan máis outros aspectos que todos coñecemos e que deberán valorar estes días os nosos representantes políticos desde os cauces legais do sistema democrático.
O de carrexar e transportar non é novo, como tampouco o de perder algún que outro saco de votos da diáspora. Sabémolo todos. Pero hai que mirar adiante. Con certeza, a chamada ás urnas do domingo deixará sempre un sabor acedo nun número importante da sociedade da nosa vila, e, á vez, certamente doce nos simpatizantes -cada vez máis comprometidos - do partido conservador. Haberá que ver os froitos do goberno popular co respaldo total que lle outorga a maioría absoluta.
Bando «perdedor»
Como lectura final e apuntándome, por suposto, ó bando perdedor , hai cousas quen doen e que cómpre diagnosticar a tempo a fin de mellorar en futuros encontros co electorado. A leve pero importante caída do BNG e a consecuente demisión do seu candidato e portavoz Cholo é unha mala noticia, non só para a esquerda en Fisterra, senón tamén para o propio devir político da nosa vila.
Vaise un representante público con maiúsculas, dos que escasean. O ascenso en número de escanos do PSOE e a consolidación de dúas forzas independentes como CDI e FU son tamén referencias da diversidade que arestora se dá no noso pobo. Outras, en cambio, é preciso valoralas positivamente, na súa xusta medida. Roma non paga a traidores . Fisterra, as súas xentes, a veces ignoramos, temos, en certo modo, a sombra do descoñecemento, pero non esquencemos, non de todo.
O desmemoriado, o trepa, o intruso; por el bien del pueblo xa está onde lle coresponde. No máis absoluto silencio.
Só nos falta pedir una España grande y libre
publicado o 17 Decembro de 2003 ás 11:00 por Modesto Fraga.
La Voz de Galicia Carballo
CON VOZ PROPIA
MODESTO FRAGA |
ACABO DE regresar dunha viaxe que me levou recentemente ao continente americano por motivos literarios, onde se debatían cuestións tan enriquecedoras e prioritarias para a sociedade actual como a diversidade cultural e a liberdade de expresión, e tópome, ao meu regreso, cunha ridícula polémica na miña vila a respecto da conveniencia -segúndo o ollo con que se mire- do uso dos topónimos Fisterra e Finisterre.
¡Que pena tantos pasos andados para desandar tanto camiño!
E pensar que custou tanto traballo conseguir logros que hai a penas dúas décadas eran pouco menos que unha mera utopía. Ao meu modo de ver, como fisterrán de a pé, orgulloso de nacer e vivir, de sentir e presumir da miña identidade alí onde me atope, e sempre desde o respecto que me merecen todas as opinións, sexan ou non compartidas, o obxecto da polémica que nos ocupa causa risa e carece en por si de sentido algún.
A discrepancia, a opinión, o debate, malia se trataren de asuntos lexítimos e propios das sociedades avanzadas, neste caso concreto semellan máis ben froito da ignorancia, do descoñecemento ou, no mellor dos casos, dun chovinismo absolutamente esaxerado. ¿A que vén agora este castizo interese seudointelectual de chamarlle Finisterre a Fisterra cando todos aquí, o que máis e o que menos, con desmedido orgullo, ao caldo aínda lle chamamos caldo? ¿Será que nos parece agora máis fino Finis/Finosterre, máis acorde cos tempos que corren? De seguir neste guieiro calquera día aparecerán pintadas polo faro arriba añorando aquela España una grande y libre.
Á vista das circunstancias está claro que para algúns é máis doado sumarse ao falso carro do universalismo que defender con tesón as nosas orixes, a nosa propia identidade.
No fondo desta marexada hai ríos revoltos, mareas escuras que perseguen como únicos fins intereses comerciais, propagandísticos e fundamentalmente económicos (para algúns, claro). Porque de non ser así, ¿como se pode cuestionar o labor de anos de investigación dos profesionais en materia académica ou filolóxica dunha maneira tan insensata, contradictoria e falta de rigor? ¿A quen se lle ocorre deslexitimar o funcionamento administrativo e mesmo legal, contemplados tanto na Lei de Normalización Lingüística como no propio Estatuto de Autonomía de Galicia, con argumentos tan pobres como que polo mundo adiante só se nos coñece como Finisterre?
Recoñezo que había moito tempo que non recordaba unha polémica tan absurda e incongruente. ¡Lástima que o bo nome e a universalidade de Fisterra, unha vez máis, ocupase tanto espacio no espectro informativo e mesmo nos disquedixo das rúas do país por unha desinformación tan alarmante!
Con Nadine Gordimer e Mario Vargas Llosa
publicado o 12 Decembro de 2003 ás 11:10 por Modesto Fraga.
Literatura galega en México
12/12/2003 | La Voz de Galicia Carballo
ANDÉN LITERARIO
MODESTO FRAGA |
CON MOTIVO da celebración do 69º Congreso Mundial de Escritores en Ciudad de México, catro representantes da literatura galega actual, Luis G. Tosar, Helena Villar, Xesús Rábade Paredes e eu mesmo acudimos a este país sudamericano para testemuñar a significación histórica e contemporánea da lingua e a literatura galegas no contexto lingüístico-literario universal.
Así, baixo estas premisas, os autores galegos tiveron unha notable presencia neste Congreso das Américas con dúas ponencias a cargo de Tosar e Rábade e dous recitais con Helena Villar e eu mesmo.
Aproveitando o lema do encontro, Diversidad cultural y libertad de expresión , os membros da delegación galega desenvolveron as súas disertacións facendo especial énfase na importancia do idioma como vínculo necesario para a creación e, asemade, recitando os seus poemas na lingua de Rosalía de Castro. Poemas de Ese estraño silencio (2002) e Mar de ausencias (1999) foron a miña aportación no recital celebrado no salón Nuevo León baixo o epígrafe Literaturas de México y del mundo. Nestas lecturas poéticas participaron, ademais, entre outros, Laura Esquivel, Antonio Tabucci, Casimiro de Brito, Dulce María Méndez, Huguette de Broqueville amais dos escritores galegos antes citados
Inclusión
Por outra banda, a Asemblea de Delegados do Pen apoiou de maneira masiva e por aclamación a entrada do Pen español na entidade literaria internacional. O Pen Clube de Galicia foi, perante os delegados dos máis de 130 centros, xunto co escritor peruano Mario Vargas Llosa, o máis firme valedor e impulsor da creación e posterior aceptación do clube literario español no Pen Internacional.
Sinalar, así mesmo, que no Congreso Mundial de Escritores, adicado nesta ocasión á memoria de Octavio Paz e Manuel Ulacia, homenaxeouse en concordancia co lema do evento ás linguas indíxenas en todas as súas expresións (zapotecos, mixtecos, chinantecos, mixes, cuicatecos, etc.) Ademais, a petición dun grupo de mulleres sensibilizadas cos asasinatos acontecidos en Ciudad Juárez, os escritores participantes, abandeirados pola Premio Nobel de Literatura, Nadine Gordimer, asinamos un manifesto de denuncia para que as autoridades mexicanas tomen cartas no asunto e leven o antes posible á Xustiza ós responsables de tan macabros crimes.
69 Congreso Mundial de Escritores
publicado o 21 Novembro de 2003 ás 12:25 por Modesto Fraga.
«Hai xente que non entende que se escriba en galego»
Entrevista | Modesto Fraga Moure
O poeta fisterrán participará a partir de mañá na capital de México, xunto a outros membros do Pen Clube de Galicia, nun congreso mundial de escritores

Eduardo Eiroa | cee
Xunto a Mario Vargas Llosa, José Saramago ou Carlos Fuentes, haberá en México escritores galegos. Mañá empezará na capital dese país un congreso internacional de escritores no que estarán representados Luis González Tosar, Elena Villar, Xesús Rábade Paredes e Modesto Fraga Moure. Todos eles viaxan ó outro lado do Atlántico como membros do Pen Clube de Galicia e co desexo de que a literatura galega deixe de ser unha descoñecida fóra da comunidade autónoma.
- ¿Cales son os obxectivos Pen Clube de Galicia? -O Pen ten como papel dar a coñecer a literatura galega a nivel mundial. A xente segue pensando que literatura galega é a que se escribe en castelán desde Galicia, como Cela ou Valle, e iso é o que estamos intentado cambiar.
- ¿Que se sabe fóra de Galicia do que se escribe aquí? -É un coñecemento moi limitado. Sábese de Manuel Rivas, de Suso de Toro, pero moitos lectores pensan que eles escriben en castelán. Os libros tradúcense moi rápido e así é máis difícil.
- ¿Que mercado ten hoxe en día a literatura galega? -O portugués é o natural, pero hai que ir pouco a pouco. Aínda queda xente, sobre todo en Sudamérica, que non entende que escribamos en galego tendo unha lingua como o español da que se sinten orgullosos.
- ¿Como se pode promocionar a lingua desde o Pen? -En congresos como o de México temos boas opcións. O malo é que estas citas están moi saturadas e non é doado chegar á xente. Nós tamén trouxemos a homes como Sábato ou Saramago a Galicia para que vexan que aquí tamén se escribe e que hai unha cultura propia. Dentro das actividades do Xacobeo 2004 faremos tamén un encontro de escritores no Camiño e virán a Galicia autores de todo o mundo co mesmo obxectivo.
- Hoxe en día, ¿que pensa a xente que é a literatura galega? -Para moitos segue sendo Rosalía de Castro e Castelao. Aínda non temos peso literario pese a que hai grandísimos escritores. Xente como Suso de Toro ou Rivas traspasan algo as fronteiras porque eles están vencellados a medios de comunicación cos que poden chegar ó público, pero neles escriben en castelán. Hoxe en día o futuro da difusión da literatura pasa moito polo papel que xogan os grandes medios de difusión. Con eles podes ter 100.000 lectores nun día, algo que non é fácil cun libro.)
Escritores contra o infame chapapote
publicado o 09 Xaneiro de 2003 ás 12:50 por Modesto Fraga.
Escritores contra o infame chapapote
Carballo
POUCAS VECES a literatura, ese estraño concepto capaz de converter un exercicio tan puramente individual como é a escrita nun inmenso torrente de colectividade, solidariedade e afecto, tivo a ocasión de xuntar a tamaña congregación de escritores e escritoras nun mesmo marco, o faro de Fisterra, e cun mesmo denominador común: a indignación, o berro, a denuncia, o chamarlle ás cousas, dunha vez por todas, polo seu nome.

Berrar e repudiar. Recitar na vez de chorar. Erguer a voz sen medo a esixir responsabilidades a quen as ten, que os hai e non son poucos, sen obviar nin esquecer o tacto necesario e afectivo que a ocasión, non por reiterada sorpresiva precisaba; fundamentalmente para coas xentes, homes e mulleres do mar, e da terra, e do ar, porque aquí non se salva nin Deus, claro.E así, baixo estas premisas, o acto, como digo, foi un berro á desidia, á descoordinación, ó histórico abandono que o noso país padece e vive desde sempre. A confirmación e a reafirmación de que non pintamos nada, de que imos e vimos co vento, coa marea, de que calquera día de calquera ano chegaremos incluso a ir polo mar abaixo. Con chapapote ou sen el, como un barco sen rumbo, sen navegación precisa. Non hai timón, nin remos, e así custa guiar a nave pola costa. Nin sequera chega con orientarse co cada vez máis imperceptible son que emite o bruar da vaca de Fisterra, a mesma que hai a penas uns anos, ¡curiosidades do destino! a Autoridade Portuaria da Coruña quixo facer pasar a mellor vida. E abofé o que ofixo. Pero non a silenciaron de todo, non.
Ducias de buguinas
Por alí apareceron o día 26 máis ducias de buguinas como a vaca de Fisterra coa palabra precisa para berrar un Nunca Máis repleto de carraxe, armados con vertos e sintagmas, con adxectivos e pronomes. Sen mascarillas nin lubas oficiais, pero con palabras como remos e poemas por timóns.
Velaí estaban Darío X. Cabana, Xavier Alcalá, David Otero, María Victoria Moreno, Luis G. Tosar, Helena Villar, Bieito Iglesias, Alexandre Nerium, Rábade Paredes, Fernández Abella, Concha Blanco, Roberto Traba, Marilar Aleixandre, X. María Dobarro, Gonzalo Navaza, Benxamín Trillo, Suso Vaamonde e o profesor Luciano Rodríguez.Tamén estiveron armando nasas os mariñeiros que quedaron traballando non choios. Alí puñan cubetas Fran Alonso, Ana Romaní, X. C. Caneiro, Modesto Hermida, Xosé R. Pena, Antón Dobao, Luz Pozo e Manuel Rivas. Outros tripulantes enrolados na república das letras que sucaron conosto esta singradura no faro fisterrán foron os contramestres Bernardino Graña e Xosé Luis Méndez Ferrín, que, ausentes na presencia física, fixeron chegar panelas con anzois empatados pola afouteza da palabra.
A costa ferida
Contra o mediodía, e cun vento que facía tremer os baixos do Centolo, co Berrón e os Coídos aínda feridos pola negrura, pechou as direccións do horizonte o mestre Xesús Alonso Montero, quen, desde a rosa dos ventos de Horacio, apuntou o roteiro a seguir e a singradura que como pobo precisamos avantar alén de prestiges
, dobres cascos e chapapotes.
Contra a marea negra da incompetencia
publicado o 27 Decembro de 2002 ás 12:56 por Modesto Fraga.
La cúpula de la literatura gallega mitiga con versos la tragedia del «Prestige» | Carballo
Numerosos autores participaron ayer en Fisterra en un recital organizado por el Pen Clube
E. Eiroa | G. Rivera | cee | carballo
Una veintena de escritores gallegos, en su mayoría pertenecientes al Pen Clube -asociación organizadora del acto-, se reunieron ayer en el faro de Fisterra para mostrar su visión sobre la tragedia y expresar la solidaridad de las letras gallegas con los afectados por el Prestige .

La idea partió del poeta Modesto Fraga en una reunión de la directiva del club literario, cuyo presidente, Homero Aridjis, ha enviado una carta apoyo a Galicia.? El presidente del Pen Clube en la Comunidad Autónoma, Luis González Tosar, fue el encargado de presentar el acto. Junto a él se sentaron en la mesa presidencial el alcalde fisterrán, José Traba; la secretaria del Club, Elena Villar Janeiro, y Modesto Fraga. A la reunión asistieron Xesús Alonso Montero, Xavier Alcalá, Darío Xoán Cabana, Gonzalo Navaza, David Otero, María Victoria Moreno, Xesús Rábade, Marilar Aleixandre, Alexandre Nerium y Concha Blanco. Muchas plumas ausentes, como las de Manuel Rivas, Úrsula Heinze o Ana Romaní, enviaron por escrito su mensaje de adhesión.
Presentación "Ese estraño silencio"
publicado o 13 Novembro de 2002 ás 12:29 por Modesto Fraga.
Modesto Fraga presentou o seu libro entre amigos e versos
Carballo
A nova obra, «Ese estraño silencio», fala de amor e desamor
O vate prepara un novo traballo, que se titulará «Caderno rodiniano»
O xoven (28) poeta fisterrán Modesto Fraga Moure fala de amor, desamor, do máis fondo da almados sentimentos íntimos (¿cales non o son?) no seu último libro, Ese estraño silencio , publicado por Follas Novas Edicións, de Santiago, e que hai xa uns meses, aló por maio, que acadou o premio AvelinoValladares de A Estrada.
O sábado pola noite, ademais, falou de todo iso en directo, ante máis de tres ducias de amigos e coñecidos da bisbarra -entre eles, o colega Alexandre Nerium- que non quixeron perderse a presentación do poemario e, xa que logo, foron a velo e a escoitalo ó hotel rústico Dugium de San Salvador, en Fisterra.
O seu propietario, Ernesto Insua Olveira, foi o encargado de presentalo, aínda que non fixese falta. Juan Boullosa, secretario da asociación Arecrís, organizaba o acto. E a xente escoitaba. Debeulle de gustar, porque ó remate compraron unha morea de exemplares e pedíronlle que llos firmara.
Modesto está agora preparando un novo libro, xa volto do seu exilio laboral en Tenerife. Chamarase Caderno rodiniano e tratará sobre o paso do tempo e a súa experiencia, íntima tamén, nas illas Canarias.
« Anterior
|| 1 |
2 |
3 |...|
30 |
31 |
32 || Seguinte »